Navegación aérea
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2018.) |
A navegación aérea é o conxunto de técnicas e procedementos que permiten conducir eficientemente unha aeronave ao seu lugar de destino, asegurando a integridade dos tripulantes e pasaxeiros e dos que están en terra. A navegación aérea baséase na observación do ceo e o terreo e nos datos achegados polos instrumentos de voo.
O elemento responsable en terra da navegación aérea é o control de tráfico aéreo, apoiado na información proporcionada polos pilotos e polos sistemas de radar.
Métodos
editarExisten varios métodos básicos que os navegantes e pilotos combinan para navegar eficazmente:
- Navegación observada: baséase na observación directa por parte do navegante ou piloto das referencias necesarias no terreo para coñecer a posición da aeronave.
- Navegación a estima: o piloto estima a posición actual, coñecidas a dirección e a velocidade respecto ao terreo.
- Radionavegación ou navegación asistida por instrumentos: baséase na información proporcionada polos instrumentos de voo a bordo. Hai instrumentos autónomos, receptores de sinais de estacións terrestres, ou de satélites (GPS). Nos avións de liña modernos, o principal sistema de navegación é o VOR/DME, o VOR, o DME e o RNAV. Para voos transoceánicos ou para lugares onde non é posible instalar radioaxudas emprégase o INS (sistema de navegación inercial), extraordinario dispositivo que unha vez establecida a posición xeográfica de partida da aeronave, localízaa instantaneamente en calquera punto da terra. O seu funcionamento é moi sinxelo: sabendo as aceleracións nos tres eixo (x, y, z) intégrase dúas veces e atópase a velocidade e a posición, respectivamente, aínda que esta ten un erro sistemático acumulativo de arredor de 1MN/h. Non depende de ningún tipo de instalación exterior ao avión, sendo o único medio autónomo de navegación que se coñece. Existe desde hai décadas, e aínda que os aparellos actualizáronse enormemente, o principio básico de funcionamento (as forzas que actúan sobre o avión e os seus resultantes) é o mesmo.
- Outros métodos: Navegación aérea astronómica, que na aviación moderna está en desuso.
Regras
editarDependendo das condicións mínimas de visibilidade, distancia ás nubes, e do tipo de espazo aéreo atravesado existen dous conxuntos de regras de obrigado cumprimento: as Regras de voo visual ou VFR (necesitando visibilidade maior de 5NM ou 8 Km. e teito de nubes por riba dos 1500m.) e as Regras de voo instrumental ou IFR, que opera mediante instrumentos. Os avións de liña, por razóns de seguridade, operan soamente baixo as regras de voo instrumental, independentemente das condicións meteorolóxicas.