Lado da epístola e lado do evanxeo

(Redirección desde «Nave do evanxeo»)
Para calquera nave arquitectónica véxase Nave (arquitectura).

O lado do evanxeo é unha zona das igrexas cristiás occidentais. Nese lugar líanse os evanxeos na liturxia. Cara ao altar maior, atópase no lado esquerdo.

Planta da catedral de Palma de Mallorca, onde se sinalan as naves do evanxeo, central e da epístola.

O lado oposto é o lado da epístola, onde se lían as epístolas (cartas) canónicas na liturxia. Cara ao altar maior, o lado da epístola atópase no lado dereito.[1]

Por extensión denomínase naves do evanxeo á que se atopa situada nese lado dentro do templo e da mesma maneira nave da epístola a que está no lado da epístola.

Na liturxia tridentina, que se segue usando nalgunhas comunidades cristiás, o lector que sostiña o misal movíase ao lado da epístola á beira do evanxeo despois de ler a súa epístola.

Descricións gráficas

editar
  1. Michael Kunzler, The Church's Liturgy, trans. Placed Murray, et al. (Berlín: LIT Verlag, 2001), p. 208.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar