Nation of Language

Nation of Language é unha banda estadounidense de new wave e post-punk revival formada no distrito de Brooklyn, na cidade de Nova York, no ano 2016. Está formada por Ian Richard Devaney (voz, guitarra eléctrica, percusión), Aidan Noell (teclados, voz) e Michael Sue-Poi (baixo).

Nation of Language
OrixeBrooklyn, Nova York, Estados Unidos
Período2016 - presente
Xénero(s)post-punk revival, indie pop, new wave
MembrosIan Richard Devaney
Aidan Noell
Michael Sue-Poi
Na rede
https://www.nationoflanguage.com/
Musicbrainz: 88927646-0c28-4b1b-a69e-cb33c400d650 Discogs: 6520823 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Devaney e Sue-Poi eran membros de The Static Jacks, pero a banda disolveuse despois do seu segundo álbum, In Blue[1]. Devaney inspirouse para comezar un novo proxecto tras escoitar no coche do seu pai Electricity, o tema de Orchestral Manoeuvres in the Dark, que xa escoitara na súa infancia[1]. O que deu comezo como un simple exercicio de Devaney nun teclado, acabou sendo o xermolo de Nation of Language coa incorporación do seu amigo Noell e do seu antigo compañeiro en Static Jacks, Sue-Poi.

A banda publicou unha serie de sinxelos entre 2016 a 2019, antes de encarar a gravación do seu álbum de debut, Introduction, Presence, en maio de 2020[2]

Desde 2018, Devaney ten sido tamén o vocalista principal de Machinegum, un proxecto paralelo creado polo batería de The Strokes, Fabrizio Moretti, nese momento tamén integrante da banda brasileiro-estadounidense Kid Le Chat. Precisamente, Moretti foi responsable da percusión nos temas de Nation of Language "Indignities" e "Sacred Tongue". Así mesmo, o antigo membro de Static Jacks, Nick Brennan, tamén colaborou coa batería no tema "Automobile".

Discografía editar

Álbums editar

Sinxelos e colaboracións editar

  • What Does The Normal Man Feel? (2016)
  • I've Thought About Chicago (2017)
  • Reality (2018)
  • Gouge Away (versión dun tema dos Pixies) / One More Try (tema exclusivo en 7") (2020)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Band To Watch: Nation Of Language". stereogum.com (en inglés). 10-1-2018. Consultado o 5-9-2020. 
  2. "Introduction, Presence by Nation of Language on Bandcamp". bandcamp.com (en inglés). 22-5-2020. Consultado o 5-9-2020.