Abrir o menú principal

Nathan Söderblom

teólogo e crego luterano sueco

Lars Olof Nathan Söderblom, nado en Trönö (Suecia) o 15 de xaneiro de 1866 e finado en Uppsala o 12 de xullo de 1931, foi un teólogo e crego luterano sueco, que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1930.

Nathan Söderblom
Professor Söderblom.jpg
Arcebispo da Igrexa de Suecia
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1866 en Trönö (Suecia)
Pasamento12 de xullo de 1931 en Uppsala (Suecia)
Ordes
Ordenación sacerdotal1893, por Gottfrid Billing
Consagración episcopal8 de novembro de 1914, por Gottfrid Billing
Arcebispo de Uppsala
1914 - 1931
PredecesorJohan August Ekman
SucesorErling Eidem

Primeiros anosEditar

Foi fillo dun pastor pietista e descendente dun bispo de Oslo. En 1886 licenciouse en linguas clásicas, entrando posteriormente no Seminario de Teoloxía.

Traxectoria eclesiásticaEditar

Foi ordenado en 1893 e posteriormente enviado a París como embaixador da Igrexa de Suecia, cargo que mantivo até 1901. En París relacionouse con moitos suecos e noregueses residentes na cidade, como Alfred Nobel e August Strindberg.

En 1914 foi elixido arcebispo de Uppsala, converténdose no primado da Igrexa de Suecia.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar