Natalie Clifford Barney
Natalie Clifford Barney, nada en Dayton (Ohio) o 31 de outubro de 1876 e finada en París o 2 de febreiro de 1972, foi unha escritora americana en lingua francesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1876 Dayton, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 2 de febreiro de 1972 (95 anos) 1.º arrondissement de Paris (Francia) |
Lugar de sepultura | cemiterio de Passy |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e literatura |
Ocupación | dramaturga , salonnière , escritora , poetisa , novelista |
Lingua | Lingua francesa e lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Dorothy Wilde Renée Vivien Olive Custance Élisabeth de Clermont-Tonnerre |
Parella | Romaine Brooks (pt) |
Pais | Albert Clifford Barney (en) e Alice Pike Barney (pt) |
Irmáns | Laura Dreyfus Barney (pt) |
Traxectoria
editarNada no seo dunha familia de clase alta de Washington, pasou a súa infancia nunha granxa preto de Cincinnati. Barney chegou a París en 1900, levou un salón literario en París a partir de 1909, por onde pasou case a totalidade da intelectualidade francesa de comezos do século XX. Durante a primeira guerra mundial foi unha das organizadoras dun Congreso de Mulleres Pacifistas. Entre 1940 e 1946 viviu en Florencia.
Abertamente lesbiana, interesouse polos poemas de Safo e tentou recrear unha escola de poetisas como a que Safo tiña en Mitilene. Entre as súas amantes estiveron a poetisa Renee Vivien, a bailarina Liane de Pougy e a pintora Romaine Brooks.
A vida de Barney serviu de inspiración para moitos escritores e aparece retratada en novelas como Idylle saphique de Liane de Pougny, Claudine s'en va de Colette ou L'Ange et les perver de Lucie Delarue Mardrus
Obras
editar- Quelques Portraits-Sonnets de Femmes, 1900
- Cinq Petits Dialogues Grecs, 1901 (ilustrado pola súa nai)
- Actes et entr'actes (París: Sansot, 1910)
- Je me souviens (París: Sansot, 1910)
- Èparpillements (París: Sansot, 1910)
- Poems & Poemes: Autres Alliances (París: Emile Paul, Nova York: Doran, 1920)
- Pensees d'une Amazone (París: Emile Paul, 1920)
- Aventures de l'Esprit (París: Emile Paul, 1929)
- Nouvelles Pensees de l'Amazone (París: Mercure de France, 1939)
- Souvenirs Indiscrets (París: Flammarion, 1960)
- Traits et Portraits (París: Mercure de France, 1963)