Natalia Costas Lago

enxeñeira de telecomunicacións

Natalia Costas Lago é enxeñeira de Telecomunicacións e dende 2004 traballa como Técnico Superior de Comunicacións para o Centro de Supercomputación de Galicia.[1][2]

Infotaula de personaNatalia Costas Lago
Actividade
Ocupaciónenxeñeira Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2160032

Traxectoria editar

Natalia Costas é enxeñeira de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo e mestrado en Seguridade da Información pola Universidade de Deusto. Tivo contacto coa informática dende pequena grazas a súa familia.[2] Dende 2004 traballa no Centro de Supercomputación de Galicia, no mantemento e operación da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) e dos servizos TIC.[1] Colaborou, achegando coñecemento nas áreas de comunicacións e de infraestruturas e servizos de altas prestacións, en proxectos de innovación como SIGAIM, PASITO, Nuba ou MHScaE.[1]

Está involucrada en iniciativas que promoven a presenza das mulleres nas TIC, como o programa Unha enxeñeira ou científica en cada cole.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "MULLERES TECNOLÓXICAS". Agasol. Consultado o 2020-12-23. 
  2. 2,0 2,1 "Natalia Costas". MujeresEnRedIRIS. Arquivado dende o orixinal o 08-05-2021. Consultado o 23-12-2020. 
  3. "Unha enxeñeira ou científica en cada cole - - USC". www.usc.gal. Consultado o 2020-12-18. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar