Abrir o menú principal

Narciso Vidal Fraga

avogado e político galego

Narciso Vidal Fraga, nado en Santiago de Compostela en 1901 e finado en Teo o 10 de agosto de 1936[1], foi un avogado e político galego.

Narciso Vidal Fraga
Nacemento1901
 Santiago de Compostela
Falecemento10 de agosto de 1936
 Teo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Manuel Vidal Cobas, naceu no barrio do Castiñeiriño (aínda Concello de Conxo). Estudou Dereito na USC, participou na FUE, formaba parte da tuna compostelá e era seguidor da Institución Libre de Enseñanza e da Residencia de Estudiantes. Ao rematar a carreira foi profesor de Lóxica e Psicoloxía na Academia Xelmírez. Membro do Centro Republicano de Santiago, do que foi elixido presidente a finais de abril de 1931, participou no pacto de Lestrobe. Foi un dos organizadores da Vanguardia de Izquierdas Republicanas. Delegado gobernativo en Santiago de Compostela en febreiro de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado por falanxistas en Espiño (Calo), aparecendo o cadáver na estrada A Coruña-Pontevedra.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en El Compostelano, 9-8-1937, p. 3.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar