Nantes Basket Hermine

O Nantes Basket Hermine é un equipo de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Nantes, Países do Loira. Fundado en 1907, actualmente compite na LNB Pro B, segunda categoría do baloncesto galo. Disputa os seus partidos como local na Salle de la Trocardière, un pavillón inaugurado en 2015 con capacidade para 4 185 espectadores.[1]

Nantes Hermine
Información xeral
Liga Pro B
Alcume NBH
Fundación 1932
Cores                Branco, azul, vermello
Presidente Francia Thierry Brochard
Adestrador Francia Jean-Marc Dupraz
Localización
Cidade Francia Nantes, Francia
Pavillón Salle de la Trocardière
Capacidade 4 185
Inauguración 2015
nantes-basket.com

Historia editar

O Hermine de Nantes foi fundado en 1891 como padroado parroquial da igrexa de Sainte-Anne co nome de "Les Enfants nantais de Sainte-Anne". A construción da igrexa e a creación da parroquia baixo o patrocinio de Santa Ana poden explicarse polo feito de que o barrio albergaba entón unha numerosa comunidade de bretóns orixinarios sobre todo da Baixa Bretaña que se asentaban no barrio desde o século XIX, sendo Santa Ana a patroa da Bretaña. O club tomou o nome de "Hermine de Nantes" en 1907, nome que escolleu a sección de ximnasia. En heráldica, o armiño aparece no escudo da Bretaña desde comezos do século XIV.

Xogadores editar

Destacados editar

Adestradores editar

  •   Antoine Michon (2005−2011)
  •   Guillaume Quintard (2011−2013)
  •   Franck Collineau (2013−2017)
  •   Jean-Baptiste Lecrosnier (2017)
  •   Nedeljko Ašćerić (2017−2018)
  •   Jean-Baptiste Lecrosnier (2018−2021)
  •   Jean-Marc Dupraz (2021−presente)

Palmarés editar

Leaders Cup da Segunda División

  • Campións (1): 2020

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar