Os nanoaerobios son organismos que non poden crecer en presenza de concentracións micromolares de oxíxeno (como os microaerófilos), pero poden crecer en presenza de concentracións nanomolares de oxíxeno. Un exemplo é a bacteria Bacteroides fragilis.[1] O termo nanoaerobio (nanaerobe) foi proposto en 2004 para os organismos que poden respirar niveis nanomolares de oxíxeno e que viven mellor en condicións anóxicas. Requiren a expresión dunha cadea respiratoria de oxíxeno. B. fragilis utiliza unha citocromo oxidase de tipo bd. Recentes estudos suxiren que a respiración en baixas concentracións de oxíxeno é un proceso antigo que foi anterior á aparición da fotosíntese oxixénica.

Bacteroides fragilis.

Notas editar

  1. Morris, Rachel L.; Schmidt, Thomas M. (2013). "Shallow breathing: Bacterial life at low O2". Nature Reviews Microbiology 11 (3): 205–212. PMC 3969821. doi:10.1038/nrmicro2970.