Nacional Custals foi un fabricante español de automóbiles con sede en Barcelona de 1918 ata 1919.

Nacional Custals
Fundación1918 - 1919
LocalizaciónBarcelona España España
FundadorJoaquín Custals
IndustriaTransporte
ProdutosAutomóbil
editar datos en Wikidata ]

Historia da Compañía editar

Joaquín Custals fundou en 1918 en Barcelona a compañía despois de que fora despedido de Talleres Hereter, e comezou a produción de automóbiles. A falta de finanzación e a ausencia de pedidos fixo que Custals pechara a fábrica un ano despois, en 1919, logo de producir só uns poucos exemplares (5). A palabra Nacional na compañía indica que recibiron o apoio do goberno.

A compañía fabricou cyclecars que se asemellaban aos modelos que Custals coñecía do seu traballo en Talleres Hereter. Os vehículos tamén foron utilizados con éxito nas carreiras de automóbiles.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Harald Linz und Halwart Schrader: Die Internationale Automobil-Enzyklopädie., United Soft Media Verlag GmbH, München 2008, ISBN 978-3-8032-9876-8
  • Nick Georgano: The Beaulieu Encyclopedia of the Automobile, Volume 2 G–O. Fitzroy Dearborn Publishers, Chicago 2001, ISBN 1-57958-293-1 (en inglés)
  • G. N. Georgano: The New Encyclopedia of Motorcars, 1885 to the Present. Dutton Verlag, Nova York 1982, ISBN 0-525-93254-2 (en inglés)
  • G. N. Georgano: Autos. Encyclopédie complète. 1885 à nos jours. Courtille, 1975 (en francés)

Ligazóns externas editar