Naval Ocean Surveillance Satellites 3
(Redirección desde «NOSS 3»)
Naval Ocean Surveillance Satellites 3 ou Naval Ocean Surveillance System 3 (NOSS 3), tamén coñecidos como Intruder, é unha serie de satélites de recoñecemento electrónico para a localización de buques por triangulación dos seus sinais electromagnéticos.[1][2]
Características
editarOs satélites NOSS 3, sucesores dos NOSS 2, son lanzados en pares en lugar de tripletes, como os seus antecesores, podendo igualmente triangular navíos pola detección das súas emisións de radio e radar. Cada par ten unha masa conxunta de 6500 kg e son lanzados mediante foguetes Atlas 2AS, Atlas 3B e Atlas 5, tanto desde Cabo Cañaveral como desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2]
Historial de lanzamentos
editarMisión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Intruder 5A (NOSS-3 1A) | 8 de setembro de 2001 | Atlas-2AS | Éxito |
Intruder 5B (NOSS-3 1B) | 8 de setembro de 2001 | Atlas-2AS | Éxito |
Intruder 6A (NOSS-3 2A) | 2 de decembro de 2003 | Atlas-2AS | Éxito |
Intruder 6B (NOSS-3 2B) | 2 de decembro de 2003 | Atlas-2AS | Éxito |
Intruder 7A (NOSS-3 3A) | 3 de febreiro de 2005 | Atlas-3B | Éxito |
Intruder 7B (NOSS-3 3B) | 3 de febreiro de 2005 | Atlas-3B | Éxito |
Intruder 8A (NOSS-3 4A) | 15 de xuño de 2007 | Atlas-5 | Fallo parcial |
Intruder 8B (NOSS-3 4B) | 15 de xuño de 2007 | Atlas-5 | Fallo parcial |
Intruder 9A (NOSS-3 5A) | 15 de abril de 2011 | Atlas-5 | Éxito |
Intruder 9B (NOSS-3 5B) | 15 de abril de 2011 | Atlas-5 | Éxito |
Intruder 10A (NOSS-3 6A) | 13 de setembro de 2012 | Atlas-5 | Éxito |
Intruder 10B (NOSS-3 6B) | 13 de setembro de 2012 | Atlas-5 | Éxito |
Intruder 11A (NOSS-3 7A) | 8 de outubro de 2015 | Atlas-5 | Éxito |
Intruder 11B (NOSS-3 7B) | 8 de outubro de 2015 | Atlas-5 | Éxito |
Intruder 12A (NOSS-3 8A) | 1 de marzo de 2017 | Atlas-5 | Éxito |
Intruder 12B (NOSS-3 8B) | 1 de marzo de 2017 | Atlas-5 | Éxito |