Naval Ocean Surveillance Satellites 2

(Redirección desde «NOSS 2»)

Naval Ocean Surveillance Satellites 2 ou Naval Ocean Surveillance System 2 (NOSS 2), tamén coñecidos como Intruder, foi unha serie de satélites de recoñecemento electrónico para a localización de buques por triangulación dos seus sinais electromagnéticos.[1][2]

Características editar

Os satélites NOSS 2, sucesores dos NOSS 1, tamén eran lanzados en tripletes de tal xeito que unha vez en órbita podían triangular navíos pola detección das súas emisións de radar. Moito máis masivos que os seus predecesores, para lanzalos eran necesarios foguetes Titan 4 dotados do dispensador Titan Launch Dispenser, que funcionaba á súa vez como unha carga de comunicacións secundaria. Lanzáronse catro tripletes de NOSS 2 entre 1990 e 1996, cun deles sen chegar a órbita por fallo do foguete lanzador. O primeiro triplete foi lanzado desde Cabo Cañaveral e o resto desde a base Vandenberg da Forza Aérea. Aos NOSS 2 lles seguiron os NOSS 3.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Intruder 1A (NOSS-2 1A) 8 de xuño de 1990 Titan-4 Éxito
Intruder 1B (NOSS-2 1B) 8 de xuño de 1990 Titan-4 Éxito
Intruder 1C (NOSS-2 1C) 8 de xuño de 1990 Titan-4 Éxito
Intruder 2A (NOSS-2 2A) 8 de novembro de 1991 Titan-4 Éxito
Intruder 2B (NOSS-2 2B) 8 de novembro de 1991 Titan-4 Éxito
Intruder 2C (NOSS-2 2C) 8 de novembro de 1991 Titan-4 Éxito
Intruder 3A (NOSS-2 3A) 2 de agosto de 1993 Titan-4 Fallo
Intruder 3B (NOSS-2 3B) 2 de agosto de 1993 Titan-4 Fallo
Intruder 3C (NOSS-2 3C) 2 de agosto de 1993 Titan-4 Fallo
Intruder 4A (NOSS-2 4A) 12 de maio de 1996 Titan-4 Éxito
Intruder 4B (NOSS-2 4B) 12 de maio de 1996 Titan-4 Éxito
Intruder 4C (NOSS-2 4C) 12 de maio de 1996 Titan-4 Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "NOSS-2" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Intruder 1, 2, 3, 4 (NOSS-2 1, 2, 3, 4)" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar