NHIndustries NH90

helicóptero militar

O NHIndustries NH90 é un helicóptero multipropósito militar de tamaño medio e dous motores. Foi desenvolvido en resposta aos requirimentos da OTAN para un helicóptero de combate que tamén fose capaz de ser operado en contornas navais. O NH90 foi deseñado e está fabricado por NHIndustries, unha compañía colaborativa propiedade de Airbus Helicopters, Leonardo (anteriormente AgustaWestland) e Fokker Aerostructures. O primeiro prototipo realizou o seu voo de estrea o 18 de decembro de 1995 e o modelo entrou en servizo operacional no ano 2007. En xaneiro de 2017 o NH90 levaba acumuladas 127 000 horas de voo nas forzas armadas de trece países.[1]

NH 90
NHI NH-90 TTH, Alemán en 2002.
TipoTransporte e naval
FabricanteUnión Europea NHIndustries
Deseñado porNAHEMA - NATO Helicopter Management Agency
Primeiro voo18 de decembro de 1995
Introducido2006
EstadoActivo
Principais usuariosAlemaña Exército alemán
Francia Exército francés
Italia Exército italiano
Unidades construídas>300
Custo unitario26 a 39 millóns de euros
VariantesTTH e NFH
http://www.nhindustries.com

O NH90 destaca por ser o primeiro helicóptero de produción en contar con controis de voo totalmente fly-by-wire.[2] Ten dúas variantes principais, a TTH (Helicóptero de Transporte Táctico) para ser usada polo exército, e a naval NFH (Helicóptero de Fragata OTAN); cada cliente elixe ademais realizar distintas alteracións aos seus NH90, como distintas armas, sensores e configuracións de cabina, para axustarse aos seus propios requirimentos.

Exército español editar

O 20 de maio de 2005 o Ministro de Defensa español, presidido por José Bono, anunciou a compra de 45 helicópteros da versión TTH e a opción doutros 45[3][4]. O proxecto sería reducido a 22 helicópteros por un custo de 1 500 millóns de euros.[5] Os helicópteros para o exército español son fabricados por Airbus Helicopters en Albacete, 16 destes helicópteros serán para o exército de terra e 6 para a Armada Española.[6]

Sistema País Fabricante Notas
Célula   Eurocopter Fabricada pola filial Eurocopter España
Motores   General Electric CT7-8F5 Ensamblado en España por ITP
Radar   Thales Group
Aviónica   GMV[7]
Hardware da computadora de voo   Indra Sistemas
Sistema de Comunicacións   Amper
Contramedidas   EADS Fabricado en España por Indra Sistemas

Países en servizo editar

País Pedidos Entregados Fabricante
  TTH     NFH     TTH     NFH  
  Alemaña 82 18 52 0 Airbus Helicopters en Alemaña
  Australia 41 6 41 6 Airbus Helicopters en Australia
  Bélxica 4 4 4 4 Airbus Helicopters en Francia
  España 22 - 5 - Airbus Helicopters en España, Albacete
  Finlandia 20 - 20 - Airbus Helicopters en Francia
  Francia 74 27 23[8] 19[9] Airbus Helicopters en Francia
  Grecia 20 - 11 - Airbus Helicopters en Francia
  Italia 70 46 36 24 Leonardo en Italia
  Nova Zelandia 9 - 9 - Airbus Helicopters en Francia
  Noruega - 14 - 6 AgustaWestland en Italia
  Omán 20 - 17 - Airbus Helicopters en Francia
  Países Baixos - 20 - 20 AgustaWestland en Italia
  Qatar 16 12 0 0 Airbus Helicopters en Francia
  Suecia 18 - 18 - Airbus Helicopters en Alemaña e Francia
Total 396 147 236 79
543 315

Especificacións técnicas (NH90 TTH) editar

 

Tripulación: 2 pilotos
Capacidade:

  • Transporte de tropas: 20 soldados
  • Evacuación médica: 12 padiolas
  • Transporte de carga: 2 palés OTAN

Lonxitude:

  • Total: 19,563 m (incluíndo rotores)
  • Fuselaxe: 16,132 m
  • Diámetro do rotor = 16,3 m
  • Peso en baleiro = 6.400 kg
  • Peso útil = 4.200 kg
  • Peso máximo = 10.600 kg

Motores por hélice: 2
Modelo de motor, Rolls-Royce Turbomeca RTM322-01/9 ou General Electric CT7-8F5
Tipo motor turboeixe
Potencia 2230 CV
Potencia máxima 1.577 kW (2.115 HP; 2.144 CV)
Tipo de hélice Rotor principal e rotor de cola ambos de 4 palas

  • Anchura: 3,633 m, 4,618 m incluíndo estabilizador de cola
  • Dimensións internas: 2 m × 4,8 m × 1,58 m (ancho × largo × alto), volume: 15,2
 
Cabina de vo NH90.
  • Velocidade normal 300 km/h
  • Velocidade cruceiro 260 km/h

Autonomía 982 km
Autonomía máxima, 900 km con 2.500 kg de carga
Autonomía transbordador 1600 km
Autonomía transbordador con tanques de combustible internos auxiliares
Teito de servizo 6000 m
Réxime de ascenso 11,2 m/s (máximo)

Armamento: Metralladoras 2 x 12,7mm nas portas

Notas editar

  1. NHIndustries (ed.). "Italian Army UH-90 Helicopters Achieve 9,000 Flying Hours in Afghanistan". Archived from the original on 04 de xullo de 2017. Consultado o 8 de xullo de 2018. 
  2. Flight Global (ed.). "Rotor club: Our top 10 most influential helicopters". Consultado o 8 de xullo de 2018. 
  3. "Helicóptero Multipropósito NH-90" (PDF). web.archive.org. 2012-07-09. Archived from the original on 09 de xullo de 2012. Consultado o 2019-02-01. 
  4. "Presentación del prototipo de helicóptero militar NH90 de Eurocopter". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 17 de xuño de 2018. 
  5. "Nuevo ciclo inversor de Defensa: una veintena de helicópteros NH-90". Por Tierra, Mar y Aire (en castelán). 2018-04-08. Consultado o 2019-02-01. 
  6. "Airbus Helicopters España mantiene el ritmo de entregas de los NH90 -noticia defensa.com - Noticias Defensa España". Defensa.com (en castelán). 2017-10-11. Consultado o 2019-02-01. 
  7. "GMV desarrolla aviónica para los helicópteros Tigre y NH90 de Eurocopter - Noticias Infodefensa España". Infodefensa.com (en castelán). 2009-12-09. Consultado o 2019-02-01. 
  8. "Chiffres clés de la Défense - 2016". www.defense.gouv.fr. Consultado o 2019-02-01. 
  9. "Un 17ème Caïman pour l’aéronautique navale". Mer et Marine (en francés). 2016-06-24. Consultado o 2019-02-01. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar