N1 foi un foguete espacial soviético de cinco etapas e propulsado por propelente líquido desenvolvido para enviar tripulacións á Lúa. Estaba deseñado para ser lanzado desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2]

N1
FunciónLanzador espacial pesado
país de orixeUnión Soviética[1]
Tamaño
altura105,0 m[1]
diámetro17,0 m (máximo)[1]
masa2.735.000 kg[1]
Etapas5[1]
Carga LEO
masa70.000 kg[1]
Lanzamento históricos
SitiosCosmódromo de Baikonur[2]
Total de lanzamentos4[1][2]
exitosos0[1][2]
fallos4[1][2]
Voo inaugural21 de febreiro de 1969[1][2]
Último voo23 de novembro ebreiro de 1972[1][2]
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

O N1 foi desenvolvido durante os anos 1960 como a resposta soviética ao Saturno V para realizar misións lunars primeiro e máis alá, ata Marte, despois, así como para poñer enormes estacións espaciais en órbita. O proxecto do foguete N1 comezou máis tarde que o do Saturno V, estivo lastrado por problemas de presuposto e políticos e pola competición entre as diferentes oficinas técnicas soviéticas que competían entre si. Como resultado, de catro lanzamentos de proba todos fallaron. O N1 non chegou a estar listo para a carreira á Lúa (na que a Unión Soviética posteriormente negou participar) e foi cancelado en 1972.[1][2]

O N1 naceu polos esforzos de Korolev, que instou aos políticos soviéticos a aprobar un proxecto para crear un lanzador pesado. O decreto polo que se aprobou o proxecto foi emitido o 23 de xuño de 1960 pero o deseño definitivo non foi decidido ata maio de 1962. O foguete debía ser capaz de poñer en órbita terrestre naves pesadas, poder enviar misións tripuladas á Lúa, enviar misións tripuladas de sobreevoo a Venus e Marte, lanzamento de sondas pesadas ao sistema solar exterior e posta en órbita de estacións espaciais pesadas.[1][2]

A oficina de Korolev planteou diferentes posibilidades técnicas para o foguete, incluíndo o uso de diferentes tipos de propelente e configuracións, para poder defender o proxecto fronte o resto de oficinas. Finalmente o N1 sería capaz de situar 70 toneladas en órbita baixa usando osíxeno líquido e queroseno como propelentes.[1][2]

Historial de lanzamentos

editar
Voo[1][2] Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
1 21 de febreiro de 1969 Cosmódromo de Baikonur L1S 1 / L3 1 Fallo Primeiro voo dun N1.
2 3 de xullo de 1969 Cosmódromo de Baikonur L1S 2 / L3 2 Fallo
3 26 de xuño de 1971 Cosmódromo de Baikonur LOK 1 / L3 3 Fallo
4 23 de novembro de 1972 Cosmódromo de Baikonur LOK 1 / L3 4 Fallo Último voo dun N1.
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 Mark Wade (2020). "N1" (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2020. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "N1/L3 (11A52)" (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar