Abrir o menú principal

Nāgārjuna

filósofo indio

Nāgārjuna, nado no Reino de Andhra no 150 e finado no 250, foi un filósofo indio, fundador da escola madhyamaka (camiño medio) do budismo mahayana.

Nāgārjuna
Nagarjuna at Samye Ling Monastery.JPG
Nacementoc. 150
 Índia do Sul
Falecementoc. 250
 India
RelixiónBudismo
Alma máterNalanda
Ocupaciónfilósofo
editar datos en Wikidata ]

Probablemente é o pensador budista mahayana máis influente, tralo propio Siddhartha Gautama.

Nombre sánscritoEditar

  • Nāgārjuna, no sistema AITS (alfabeto internacional para a transliteración do sánscrito).[1]
  • नागार्जुन, en escritura devanágari do sánscrito.[1]
  • Pronuncia:
  • Etimoloxía:[1]
    • nagá: raza que vivía nas abas dos Himalaias; segundo os budistas eran persoas normais; segundo os hinduístas tiñan corpo de serpe; Aryuna recibiu o epíteto "Naga" polas súas amistades desa etnia;
    • aryuna: branco, da cor do leite, claro, da cor do día, prateado, da cor do lóstrego, da cor da prata; nome dun tipo de árbore (o Terminalia arjuna): a nai de Nagarjuna púxolle ese nome porque o seu parto ocorreu debaixo dunha árbore arshuna.

Outras escritasEditar

Noutras linguas o seu nome escríbese da seguinte maneira:

 
Estatua de Nāgārjuna nun monasterio tibetano próxima a Kullu (India).

TraxectoriaEditar

Sábese moi pouco acerca da vida real do Nāgārjuna histórico. As dúas biografías máis extensas, unha en chinés e a outra en tibetano, escribíronse moitos séculos despois da súa morte, e incorporan moito material mítico.

Nāgārjuna naceu como hinduísta (que nesa época significaba o seguimento estrito dos Vedas), probablemente nunha familia de caste superior brahmán, probablemente na rexión Andhra (no sur da India).

Foi o fundador dunha das tradicións de pensamento máis influentes das doutrinas da India, a denominada escola da vía media ou madhyamaka. A súa doutrina do baleiro foi debatida durante máis dun milenio en China, Tíbet, Corea e Xapón. O budismo zen considérao un dos seus precursores e as súas ideas aínda espertan intensos debates académicos.

A súa doutrina do baleiro (sunyata) sostén que todas as cousas son condicionadas, de modo que non é posible atopar nada no mundo que teña unha natureza propia (en sánscrito, suabhava). Esa falta de natureza propia é o que as converte en baleiras. Pero o máis sobresaínte desta doutrina é que as palabras que a pon de manifesto considéranse á súa vez baleiras. Así, o discurso da vacuidade é tan baleiro como as cousas mesmas. O mundo non é diferente da linguaxe.

ObraEditar

 
Representación de Nāgārjuna.

Existe unha certa cantidade de textos atribuídos a Nāgārjuna aínda que, como hai moita pseudoepigrafía que se lle atribúe, existe tamén moita controversia sobre os seus traballos auténticos.

MūlamadhyamakakārikāEditar

A obra máis célebre de Nāgārjuna é Mūlamadhyamakakārikā. É "non só un gran comentario sobre o discurso de Buda a Kaccayana,[2] único discurso citado polo nome, senón tamén unha análise detallada e coidadosa de moitos dos importantes discursos incluídos nos Nikayas e nos agamas, especialmente aqueles da Atthakavagga da Sutta-nipata.[3]

Utilizando a teoría de Buda da pratītyasamutpāda, Nāgārjuna demostrou a futilidade das [...] especulacións metafísicas. O seu método para tratar con esa metafísica denomínase "vía media" (madhyama pratipad). É o camiño medio que evitaba o substancialismo das sarvastivadas e o nominalismo das sautrāntikas.[4]

En Mūlamadhyamakakārikā, "todos os fenómenos experimentados son baleiros (sunya). Isto non significaba que non fosen experimentados e, polo tanto, non-existentes; só aqueles que están desprovistos dunha substancia permanente e eterna (svabhava) porque, como un soño, son simples proxeccións da conciencia humana. Posto que estas ficcións imaxinarias son experimentadas, non hai simples nomes (prajnapti)."[4]

 
Pintura do século XVIII que representa a Nāgārjuna con trinta dos oitenta e catro Mahasiddhas.

Outras obras atribuídasEditar

Segundo a visión de Christian Lindtner,[5] as obras escritas por Nāgārjuna son:

  • Mūlamadhyamaka-kārikā ("Versos fundamentais da vía media")
  • Śūnyatāsaptati ("Setenta estrofas da vacuidade")
  • Vigrahavyāvartanī ("Abandono da discusión")
  • Vaidalyaprakaraṇa}} ("Pulverizando as categorías")
  • Vyavahārasiddhi ("Proba de costume")
  • |Yuktiṣāṣṭika ("Sesenta razoamentos")
  • Catuḥstava ("Himno á realidade absoluta")
  • Ratnāvalī ("Grilanda de xoias")
  • Pratītyasamutpādahṝdayakārika ("Compoñentes da ascensión dependente")
  • Sūtrasamuccaya
  • Bodhicittavivaraṇa ("Exposición da mente iluminada")
  • Suhṛllekha ("Carta a un bo amigo")
  • Bodhisaṃbhāra ("Requisitos da iluminación")

Buston considera que os seis primeiros constitúen os principais tratados de Nāgārjuna, mentres que segundo Taaranaatha só os cinco primeiros son obra de Nāgārjuna. TRV Murti considera que Ratnaavali, Pratitya Samutpaada Hridaya e Sutra Samuccaya son obra de Nāgārjuna porque os dous primeiros están citados profusamente por Chandrakirti e o terceiro por Shantideva.[6]

Ademais das obras mencionadas, atribúenselle outras, aínda que existe gran controversia sobre cales delas son auténticas. A investigación contemporánea suxire que estas obras pertencen a un período moi posterior, finais do século VIII ou principios do século IX, e polo tanto non son obras auténticas de Nāgārjuna.

Entre os seus abondosos comentaristas destacan:

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Véxase a entrada Nāgârjuna, na páx. 533 no Sanskrit-English Dictionary do sanscritólogo británico Monier Monier-Williams (1819-1899).
  2. Véxase SN 12.15 Kaccayanagotta Sutta: To Kaccayana Gotta (on Right View) Arquivado 29 de marzo de 2013 en Wayback Machine.
  3. Kalupahana 1994, p. 161.
  4. 4,0 4,1 Kalupahana 1992, p. 120.
  5. Lindtner, C. (1982). Nagarjuniana: studies in the writings and philosophy of Nāgārjuna, Copenhague: Akademisk forlag, páxina 11
  6. TRV Murti, Central philosophy of Buddhism, páxinas 89-91

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar