Myosotis secunda

especie de planta

Myosotis secunda é unha planta herbácea da familia das boraginaceae.

Descrición editar

Herba anual, bienal ou perenne. Talos con estolóns enraizantes que xorden das axilas das follas inferiores con pelos patentes na base de 15-40 cm de lonxitude. Follas alternas, máis ou menos elípticas, duns 4 cm de lonxitude. Inflorescencia en cima escorpioide (asemellando á cola dun escorpión); cáliz tubular con 5 lóbulos; corola tubular-rotada, de até 8 mm de diámetro, con 5 lóbulos redondeados, de cor azul brillante. Froito formado por 4 pequenas noces. Núculas negras. Florece na primavera e verán.[1]

Hábitat editar

Nos lugares húmidos.

Distribución editar

En Gran Bretaña, Francia, Bélxica, Irlanda, España e Portugal.[2]

Taxonomía editar

Mimophytum secunda foi descrita por Alexander Murray e publicada en The northern flora 115. 1836.[3]

Citoloxía

Número de cromosomas de Myosotis secunda (Fam. Boraginaceae) e taxóns infraespecíficos: n=24[4]

Etimoloxía

Myosotis: nome xenérico que deriva do grego: mys, myos, que significa "ratonciño" e otos, que significa "orella", aludindo á forma da folla nalgunhas das especies do xénero.[5]

secunda: epíteto latíno que significa "segunda"[6]

Notas editar

  1. Luceño Garcés, M. (1998). Flores de Gredos. Ávila:Caja de Ávila. ISBN 84-930203-0-3. 
  2. Polunin, O. (1989). Guía fotográfica de las Flores Silvestres de España y de Europa. Barcelona:Omega. ISBN 84-282-0857-3. 
  3. "Myosotis secunda". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 21 de setembro de 2013. 
  4. Kariological studies on Spanish Boraginaceae. VI. Contribution to the tribe Eritrichieae. Luque, T. (1992) Bot. J. Linn. Soc. 110: 77-94
  5. En Flora de Canarias
  6. En Epítetos Botánicos