Myosotis nemorosa
especie de planta
Myosotis nemorosa | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
''Myosotis nemorosa'' Besser |
Myosotis nemorosa (sin. Myosotis strigulosa) é unha planta herbácea anual do xénero Myosotis e da familia Boraginaceae.[1]
Descrición
editarÉ semellante a Myosotis scorpioides L. pero o talo é anguloso e está provisto de pelos curvados cara a abaixo na súa parte inferior, as follas inferiores ás veces están provistas deles tamén na súa parte inferior, as flores son máis pequenas (a corola, azul pálida, ás veces rosa é de 4 a 6 mm de diámetro). Floración de maio a xullo.
Distribución
editarCentro e sur de Europa.[2]
Hábitat
editarPrados e bosques húmidos, lugares pantanosos, beiras de lagoas, regatos, gabias.
Etimoloxía
editarMyosotis: nome xenérico que deriva do grego: mys, myos, que significa "ratonciño" e otos, que significa "orella", aludindo á forma da folla nalgunhas das especies do xénero.[3]
Notas
editar- ↑ "Enumeratio Plantarum hucusque in Volhynia, Podolia, gub. Kiioviensi, Bessarabiia Cis-Tyraica et Circa Odessam Collectarum, Simul cum Observationibus in Primitas Florae Galiciae Austriacae. Wilna | International Plant Names Index". www.ipni.org. Consultado o 2022-09-20.
- ↑ "Myosotis nemorosa Besser | Plants of the World Online | Kew Science". Plants of the World Online (en inglés). Consultado o 2022-09-20.
- ↑ En Flora de Canarias
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Myosotis nemorosa |
Ligazóns externas
editar