Musiceum
Musiceum é o nome dun dobre CD editado no ano 1998 pola Asociación Cultural Zaloira. O título é unha mestura das palabras Música e Eume e fai referencia ao seu contido: tódolos participantes no disco son músicos eumeses.
Musiceum | |
---|---|
Álbum de Varios artistas | |
Publicado | 1998 |
Xénero(s) | Varios |
Produtor | Zaloira |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Motivación
editarA Asociación Cultural Zaloira de Pontedeume fixera a metade dos noventa dous festivais de música folk co nome de Festival Noroñó. Ante o inesperado éxito da primeira edición, na segunda fixeron un grande esforzo organizativo coa contratación de grandes figuras, tanto galegas como foráneas, da música folk. Agardaban recuperar o gastado os días do festival coa venda de bebidas e comidas. A mágoa foi que o tempo non acompañou e o resultado foi que non se cumpriron as expectativas de afluencia, reflectíndose no balance económico nun déficit de case medio millón de pesetas.
A pesar de ter un apoio verbal das autoridades, non se produciu a ansiada axuda institucional. Isto obrigou á Asociación a organizar durante varios anos distintas actividades destinadas á recadación de fondos para pagar as débedas contraídas. Este disco foi unha desas actividades, levada a bo fin coa inestimábel participación desinteresada de todos os músicos eumeses que interveñen.
Lista de grupos e cancións
editarVolume I
editarEstá adicado á xeración de músicos máis novos:
- Faltriqueira: A herba de namorar (tradicional, letra e arranxos Faltriqueira)
- Atahíde: Jota de Pontevedra (tradicional, arranxos Atahíde)
- Trevinka: A Pena do Soldado (José Feal, arranxos Trevinka)
- Tickets: Lobsterman (letra e música Barro)
- Foly Lamas: Lola (Foly Lamas)
- Krecha Vagula: Drenarte (X. García Moreira)
- Faltriqueira: Manuel-Pandeiretada (tradicional, arranxos Faltriqueira)
- Atahíde: O Xustillo (tradicional, arranxos Atahíde)
- Trevinka: Queninjanas (Tino Casás, arranxos Trevinka)
- Tickets: Volverá (letra e música Barro)
- Foly Lamas: Eume (Foly Lamas)
- Krecha Vagula: Insectofilia (X. García Moreira)
Volume II
editarNeste volume participan músicos de estilos máis clásicos:
- Tito e Ana Ríos: Vou pola ría de Ares (letra e música Francisco Casal)
- Os Eumeses: Emigrante (letra A. Carpente, música G. Carpente Leira, arranxos Antonio García)
- José Ramón Regueira: Mar y Luna (letra e música J.R. Regueira, arranxos R. Gorigoitia)
- Sotto voce: Con amores. La mi madre (tradicional española)
- Escola de música Charamela: Os tres galeguinhos (Rogelio Miguel e Indalecio Groba)
- Coral Polifónica Eumesa: Canto a Castelao (letra E. Campoamor, música P. Antolín Cuéllar)
- Tito e Ana Ríos: No volveré
- Os Eumeses: Fermosura dunha terra (letra G. Carpente Leira, arranxos Antonio García)
- José Ramón Regueira: Papá Montero (letra Nicolás Guillén, música J.R. Regueira, arranxos R. Gorigoitia)
- Sotto voce: Rosa Amarela (popular brasileira)
- Escola de música Charamela: Ciclo dos ríos - 1º movemento Río Negro, 2º movemento Orinoco -
- Coral Polifónica Eumesa: Terra meiga (letra e música Francisco Rey Romero)
- Escola de música Charamela: Minueto en Sol (Ludvig Van Beethoven)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Caderniños dos dous volumes do CD Musiceum. DL:VG569-98