Mushroom Pillow
Mushroom Pillow Music é unha discográfica fundada o 3 de maio de 2001 na Coruña por Keina García e Marcos Collantes.
Mushroom Pillow | |||
---|---|---|---|
Tipo | selo discográfico ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 2001 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Sede | Madrid ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | mushroompillow.com ![]() | ||
Teléfono | +34 91 531 91 30 ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Historia
editarEstá dentro da escena alternativa ou independente cun marcado carácter anglosaxón. Desde a primeira edición do selo discográfico obtéñense bos resultados dentro da escena musical española. Ao par que o selo, créase Mushroom Pillow Publishing.
No ano 2005 crean a axencia de contratación Ártica, que aglutina tanto a grupos de Mushroom Pillow coma doutros selos, adicada á xestión e contratación de grupos e produción de eventos. Nos últimos días dese mesmo ano ábrese Mushroom Pillow Reissues, unha parte do selo dedicada a coidadas reedicións desde os anos sesenta ata os noventa. O obxectivo é editar álbums relevantes que non foran reeditadas co ánimo de recuperar clásicos do underground, dotándoas dun deseño renovado, información extra, entrevistas, fotos inéditas, maquetas, tomas alternativas, vídeos e todo aquilo que poida interesar a alguén centrado no coleccionismo discográfico.
No 2008 a discográfica fundou Metropolitan Ediciones, empresa adicada á publicación de libros con diversas temáticas.
Grupos
editarO seu catálogo pódese dividir en grupos nacionais e estranxeiros.