Museo de Bergantiños
museo etnográfico da comarca de Bergantiños
O Museo de Bergantiños é un museo etnográfico da comarca de Bergantiños. Está situado en Carballo, a carón da biblioteca municipal. O edificio, construído no século XIX, foi anteriormente cárcere e xulgado de primeira instancia de Carballo. Inaugurouse en 2002.
Museo de Bergantiños | |
---|---|
Tipo | museo etnográfico |
Data de fundación | 2002 |
En | Carballo |
País | Galicia |
43°12′41″N 8°41′23″O / 43.211418255569, -8.6896487934341 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nel móstrase unha exposición permanente en oito salas temáticas dedicadas á historia de Carballo, os recursos xeográficos, a economía, o patrimonio natural, a importancia da auga na zona (con e especial atención á lagoa de Baldaio), os montes, a relixiosidade, os produtos da zona, a fabricación do pan e a Alfredo Brañas. Existen ademais dúas salas destinadas a acoller exposicións temporais.