Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande
O Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande, tamén coñecido como Meirande, é un museo da Batalla de Rande e o patrimonio industrial, localizado no lugar de Rande da parroquia redondelá de Cedeira, no estreito de Rande.
Museo da Batalla de Rande | |
---|---|
Coordenadas | 42°17′06″N 8°39′22″O / 42.285, -8.65613889 |
País | España |
Cidade | Rande |
Tipo | Histórico |
Inauguración | 2013 |
Visitantes | 15.000 o primeiro ano |
Na rede | |
https://meirande.redondela.gal | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Descrición
editarEstá situado na antiga Fábrica do Alemán, unha construción de comezos do século XX adicada á salgadura e logo á conserveira. Durante a segunda guerra mundial foi centro loxístico de aprovisionamento de volframio a través de submarinos e barcos nazis á fronte de Otto Gerdtzen Boyé.
A restauración da fachada da fábrica e a construción do museo foi a mans do arquitecto Carlos Falagán Mota, en terreos da Autoridade Portuaria de Vigo.[1]
Fíxose con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.[2]
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ "La obra del museo de la Batalla de Rande..." Faro de Vigo, 11 de xullo de 2012 (en castelán).
- ↑ "Meirande abrió para quedarse" Arquivado 10 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. Atlántico Diario, 2013 (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande |