Museo Nacional Romano
Coordenadas: 41°54′5″N 12°29′54″L / 41.90139, -12.49833
O Museo Nacional Romano (en italiano: Museo Nazionale Romano) é un conxunto de museos en Roma (Italia), dividido en varios lugares da cidade. Foi fundado en 1889 e inaugurado en 1890, durante o Risorgimento, co propósito de coleccionar antigüidades que van dende o século -V ao século III.
A primeira colección formouse coas coleccións arqueolóxicas do Museo Kircheriano e os numerosos novos descubrimentos en Roma durante o plan da cidade despois de que se convertese na nova capital do novo Reino de Italia. Inicialmente pretendíase que se mostrase nun «Museo Tiberino» (que nunca se levou a cabo), mais en 1901 o Estado outorgou o beneficio á institución da Vila Ludovisi e a importante colección nacional de esculturas antigas.
A súa base estabeleceuse no claustro do século XVI construído por Miguel Anxo en parte das termas de Diocleciano, que aínda son a súa base principal. Esta adaptación dos edificios a un novo propósito comezou para a Exposición de 1911 e acabou na década de 1930. Nos anos 1990, nunha transformación radical, as coleccións do museo dividíronse en catro lugares diferentes.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo Nacional Romano |
Ligazóns externas editar
- Official Website of the Museo Nazionale Romano Arquivado 06 de novembro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
- Roma 2000 information (en inglés)