Museo Naval de Ferrol

museo naval en Ferrol

O Museo Naval de Ferrol está situado dentro da base Naval de Ferrol, no antigo Cuartel de Presidiarios coñecido como San Campio, foi proxectado en 1765, lugar onde se aloxaban os presidiarios mentres duraban os traballos de construción, reparación e limpeza dos buques.

Museo Naval de Ferrol
Herrerías, sede do Museo Naval.
PaísGalicia
CidadeFerrol
AdministradorArmada Española
Inauguración5 de marzo de 1986
Superficie1250 m2
Na rede
http://www.exponav.org/galeria/elmuseo/ e https://www.fundacionmuseonaval.com/museonavalferrol.html
editar datos en Wikidata ]

Este museo conta con magníficos modelos de barcos de grandes dimensións, cartografía, canons, armamento antisubmarinos, velas, instrumentos de navegación, traxes de mergullo, bandeiras, maquetas de barcos e outro tipo de aparellos relacionados co mar.

Historia

editar

A partir de 1970 comezan a recompilarse e catalogarse obxectos dispersos polas múltiples dependencias que, xunto cos da recuperación dos restos do pecio da fragata Santa María Magdalena, afundida na ría de Viveiro ano 1810, propician a creación do Museo Naval, inaugurado o 5 de marzo de 1986.

Ademais pódese ver unha variada colección de cartografía con pezas destacables como o Atlas de Tofiño. Tamén hai numerosas maquetas de todo tipo de buques e maquetas de batallas navais importantes, proxectís de artillaría e torpedos de varios tipos e calibres.

Neste mesmo recinto sitúase a Biblioteca Naval de Ferrol con máis de 40.000 volumes e que conta con varios libros antigos, o máis antigo data do ano 1601.[1] Creada en 1872 polo capitán xeneral do Departamento, Miguel Lobo Malagamba, con fondos duplicados da Biblioteca Central de Madrid e da Biblioteca do Observatorio da Mariña de San Fernando. Contén os fondos da antiga Biblioteca de Gardamariñas do século XVIII e da primitiva Escola de Enxeñeiros Navais tamén creada en Ferrol.

Contido

editar

Entre os seus obxectos pódense observar restos mariños fosilizados, mecanismos de artes náuticas, compases, mascaróns de proa, cadros e gravados con temática mariñeira, cartas mariñas antigas e documentos históricos.

Presenta información de todos os navíos construídos en Ferrol de 1751 a 1984.

No interior, ademais, exhíbese unha áncora medieval rescatada do fondo da dársena do porto da vila de Mugardos, na ría ferrolá.

Galería de imaxes

editar
  1. Biblioteca Naval Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar