O moucho pequeno (Glaucidium passerinum) é unha especie de ave de rapina da orde das estrixiformes.

Glaucidium passerinum

Morfoloxía editar

É a estríxida máis pequena de Europa, case do tamaño dun pardal. Cabeza desproporcionadamente grande e sen disco facial. A plumaxe combina o marrón con manchas brancas de diverso tamaño. A femia é lixeiramente meirande có macho.

Reprodución editar

Usualmente emprega niños abandonados de petos, que son acondicionados polos proxenitores. Os ovos son chocados exclusivamente pola femia, que é alimentada polo macho. Trátase dunha especie monógama

Nutrición editar

Aliméntase de aves ata o tamaño dun estorniño. Tamén roedores e diversos tipos de réptiles.

Distribución editar

Dende o oeste de Escandinavia ata Siberia e a desembocadura do río Ussuri. Esta presente tamén na Europa Oriental e Suíza.

Bibliografía editar

  • Nicolai, Jürgen (1995). Everest, ed. Aves rapaces diurnas y nocturnas : identificar, clasificar y proteger las aves rapaces de Europa. Madrid. p. 157.  (en castelán)
  1. BirdLife International (2012). "Glaucidium passerinum". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.