Abrir o menú principal

Motor asíncrono trifásico

Un motor asíncrono trifásico é un tipo de motor eléctrico, usado especialmente para o accionamento de máquinas, debido ás súas vantaxes, como a robustez, simplicidade de mantemento, facilidade de instalación ou baixo custo. Os seus terminais son U1, V1, W1, W2, U2, V2. Funciona por indución.

Principios de funcionamentoEditar

O principio de funcionamento dun motor asíncrono baséase na creación de corrente inducida nun condutor cando este curta as liñas de forza dun campo magnético, de aí provén o nome motor de indución. Se se fai xirar o campo magnético no sentido das agullas do reloxo, a espira sométese a un fluxo variable e convértese no soporte dunha forza electromotriz inducida que orixina unha corrente inducida. Lei de Faraday.

É posible definir o sentido dunha corrente mediante a aplicación da regra do tres dedos da man esquerda (FBI), o dedo polgar representa a forza magnética, o dedo índice representa o campo magnético e o dedo medio a intensidade da corrente, formando un ángulo recto entre si.

Segundo a lei de Lenz o sentido da corrente é tal que se opón pola súa acción electromagnética á súa causa de orixe. Cada un dos dous condutores sométese a unha forza "F", en sentido oposto ao seu desprazamento relativo con respecto ao campo indutor. A regra dos tres dedos da man dereita permite definir o sentido da forza "F" de cada condutor. O polgar sitúase no sentido do campo indutor, o índice no sentido da forza e o medio no sentido da corrente inducida. A espira sométese a un par que provoca a súa rotación no mesmo sentido que o campo indutor, chamado campo xiratorio.

O estator é a parte fixa do motor, é un anel cilíndrico de chapa magnética axustado á carcasa que o envolve, no interior do estator vai colocado o rotor, que é un cilindro de chapa magnética fixado ao eixe.

Creación do campo xiratorioEditar

Tres debandados, con un decalado de 120º aliméntanse de sendas fases nunha rede trifásica alterna, indúcese un campo magnético xiratorio que envolve ao rotor.

A diferenza entre o motor de indución e o motor universal é que no motor a indución o debandado do rotor non está conectado ao circuíto de excitación do motor senón que está eléctricamente illado. Ten barras de condución en todo o seu longo, metidas en rañuras a distancias uniformes arredor da periferia. As barras están conectadas con aneis a cada extremidade do rotor.

TiposEditar

Rotor de gaiolaEditar

Os rotores destas máquinas están formadas por varas de cobre ou de aluminio aloxadas nas rañuras do núcleo e curtocircuitadas nas súas cabezas por aneis.

A construción dun motor en gaiola consta de dous conxuntos perfectamente diferenciados:

  • Conxunto estatórico: Está formado pola carcasa, placa de bornes, circuíto magnético do estator e debandados do estator.
  • Conxunto rotórico: Está formado por un eixe con núcleo de gaiola, rodamentos, prato de adaptación á caracasa e ventilador.

O par de arrinque destes motores é baixo e a corrente que absorbe durante a posta baixo tensión é moi superior á corrente nominal.

Rotor bobinadoEditar

Teñen o mesmo estator que os de gaiola, pero o rotor leva un debandado trifásico conectado en estrela por un dos seus extremos, mentres os outros extremos van unidos a un anel cada un, montados sobre unha base illante, dando lugar a un colector de aneis. Sobre os aneis apoian as vasoiras pra sacar estes terminais ao exterior e levalos á placa de bornes ou placa de conexión. As letras normalizadas pra estes extremos son K, L, M.

O motor de rotor bobinado ten a gran vantaxe de que mediante o reostato exterior pódese regular a resistencia do inducido e así facer arriques graduados.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar