Motor de indución

Motor de indución é un motor eléctrico construído de tal maneira que se teñen dous campos magnéticos xirantes.

Campo magnético xirante como a suma de tres vectores.

Os motores de indución son máquinas eléctricas, concretamente máquinas asíncronas. Un motor de indución é composto basicamente de dúas partes: Estator e Rotor. O espazo entre o estator e o rotor é denominado entreferro. O estator constitúe a parte estática e o rotor a parte móbel. O estator está composto de chapas finas de aceiro magnético tratadas termicamente para reducir ao mínimo as perdas por correntes parasitas e histerese. Estas chapas teñen o formato dun anel con rañuras internas (vista frontal) de tal maneira que poidan ser aloxados enrolamentos, os cales á súa vez, cando en operación, deberán crear un campo magnético no estator. O rotor tamén está composto de chapas finas de azo magnético tratadas termicamente, co formato tamén de anel (vista frontal) e cos enrolamentos aloxados lonxitudinalmente.

Principio de funcionamento editar

Ao aplicar ao estator un sistema trifásico equilibrado prodúcese un campo magnético xirante (teorema de Ferraris) en sincronismo coa frecuencia da rede eléctrica.

A velocidade co campo xirante depende da frecuencia da rede e do número de pólos:

 

Onde n é a velocidade do campo en rotacións por minuto, f a frecuencia da rede (en Europa 50 Hz e p o número de pares de pólos) Ao estar o circuíto do rotor fechado comezan a circular por el correntes inducidas que se opoñen á variación de fluxo (Lei de Lenz), estas correntes fan que se produza unha forza no rotor tendente a que este xire en sincronismo co campo xirante, porén, se se alcanzase este sincronismo deixaría de haber variación de fluxo e polo tanto non habería corrente nin forza, polo que o motor nunca alcanza o sincronismo e ten un "escorregamento" s


 


onde n é a velocidade do campo xirante e ne a velocidade do rotor.

O motor de indución é o motor de construción mais simple. Estator e rotor son montados solidarios, cun eixo común aos “aneis” que os compoñen. A aplicación de tensión nos enrolamentos do estator irá facer con que apareza unha tensión nos enrolamentos do rotor. Así, o estator pode ser considerado como o primario dun transformador e o rotor como seu secundario.

Este tipo de motor cando accionado por unha turbina e operando cunha rotación acima da síncrona pode xerar potencia activa e entregala ao sistema onde está conectado.

 
Rotor de gaiola de esquío.

Tipos editar

Hai dous tipos básicos de motores de indución:

  • Con rotor en gaiola de esquío
  • Con aneis rozantes: os circuítos do rotor terminan nun anel concéntrico co rotor e onde fai contacto unha vasoira que transmite a corrente aos terminais do rotor, que son accesíbeis.