Abrir o menú principal

Mosteiro de San Millán de Suso

(Redirixido desde "Mosteiro de Suso")

O Mosteiro de San Millán de Suso ou Mosteiro de Suso (do adverbio latino SURSUM, 'enriba') está situado preto da vila de San Millán de la Cogolla, na Rioxa, na marxe esquerda do río Cárdenas e forma parte do conxunto monumental de dous mosteiros, con outro construído posteriormente e que se sitúa máis abaixo, chamado Mosteiro de San Millán de Yuso, os dous declarados Patrimonio da Humanidade en 1997.

Mosteiros de San Millán de Yuso e de Suso
Monasterio de Suso (2).jpg
Mosteiro de San Millán de Suso
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización42°19′45.8″N 2°52′21.7″O / 42.329389, -2.872694
TipoCultural
CriteriosII, IV, VI
Inscrición1997 (21ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador805

Historia e característicasEditar

Iniciada a súa construción a finais do século VI, ten a súa orixe nun cenobio visigodo establecido arredor do sepulcro do eremita Aemilianus (Millán) ou Emiliano, falecido no ano 574. Ao longo dos séculos seguintes e ata o século XII sofre distintas ampliacións como consecuencia do cambio de vida eremítica á cenobítica e posterior monástica, distinguíndose nelas o estilo mozárabe e o románico. A súa importancia non é só artística e relixiosa, senón tamén lingüística e literaria. Aquí un monxe escribiu as Glosas Emilianenses, que eran anotacións aclaratorias nas marxes das páxinas escritas en latín. As devanditas anotacións estaban escritas en romance ou nun precastelán pouco evolucionado respecto do latín. Neste mosteiro aparecen á súa vez as primeiras anotacións escritas en éuscaro, polo que se considerou o berce dos romances hispanos e do éuscaro. Aquí habitou así mesmo o monxe e primeiro poeta de nome coñecido en castelán, Gonzalo de Berceo.

Tamén a tradición atribúe que no portaliello deste mosteiro están os que pasan por ser os sarcófagos dos sete infantes de Lara da lenda.

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar