Mosteiro de San Millán de la Cogolla

institución relixiosa en España

O Mosteiro de San Millán de la Cogolla é unha institución relixiosa fundada no século VI d.C. por San Millán, situada no municipio de San Millán de la Cogolla, na comunidade autónoma da Rioxa. Está formado pola comunidade de monxes que continúan a tradición iniciada polo eremita Millán. Dende o século VI ata os nosos días déronse distintos tipos de vida monástica: eremitas, cenobio, mosteiro visigodo dúplice con regra hispánica, mosteiro mozárabe, mosteiro beneditino, e na actualidade convento de frades da Orde de Agostiños Recoletos.

Modelo:Xeografía físicaMosteiro de San Millán de la Cogolla
Imaxe
Tipomosteiro Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSan Millán de la Cogolla, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°19′33″N 2°51′54″O / 42.32583, -2.86505
Composto por
Características
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 19,01 ha
zona de protección: 266,24 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1997 (21ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iv) e (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador805
Ben de interese cultural
Mosteiro de San Millán de Yuso
Data3 de xuño de 1931
IdentificadorRI-51-0000704

Ben de interese cultural
Mosteiro de San Millán de Suso
Data3 de xuño de 1931
IdentificadorRI-51-0000703-00000

Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Yuso Monastery and Monastic Kitchen Gardens (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
Data2003 (27ª Sesión)
Identificador805-001

Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Suso Monastery and Archaeological Sites (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
Data2003 (27ª Sesión)
Identificador805-002
Editar o valor en Wikidata

Páxina webmonasteriodesanmillan.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX127252

Os edificios, Suso e Yuso

editar

O mosteiro está formado por dous edificios. O máis antigo, na parte alta da montaña, chamado San Millán de Suso (en castelán antigo, suso quere dicir arriba) e San Millán de Yuso (yuso quere dicir abaixo).

Suso, o primeiro e primitivo que foi habitado por San Millán, encóntrase no medio dunha exuberante vexetación, na aba dun outeiro moi desgastado que ten como pano de fondo a Cogolla chamada así polo perfil que ostenta parecido a un monxe levando cuculla (capa que usaban varias ordes relixiosas, que cubrían á vez corpo e cabeza). No fondo da montaña están os dous niveis de covas habitadas por Millán e os seus discípulos. Ao seu arredor constrúese o actual edificio onde encontramos testemuños da época morázabe, arcos de ferradura, ou románica: cenotafio de San Millán.

O segundo, Yuso, construído posteriormente sitúase máis abaixo e é de maiores dimensións. Coñecido como o Escorial da Rioxa ocupa o lugar dun antigo edificio románico que se derruba totalmente en 1504 para construír o actual edificio que se iniciou como unha comunidade beneditina. Destaca nel a igrexa, o claustro, a sancristía barroca e o conxunto de biblioteca e arquivo. Na actualidade ademais de mosteiro de frades agostiños recoletos é a sede do, o Centro internacional de Investigación da Lingua Castelá.[1]

Na actualidade o edificio de arriba, Suso, é propiedade do Estado, e non vive ninguén nel dende a Desamortización de Mendizábal. O edificio de abaixo, Yuso, está habitado por frades agostiños recoletos.

Patrimonio da Humanidade

editar
 
Escudo da Abadía de San Millán.

A continuidade monástica foi a primeira razón pola que se lle concedeu o título de Patrimonio da Humanidade en 1997. A esta razón únense as culturais. San Millán foi considerado durante moitos anos como «Berce do Castelán», xa que no Escritorio de San Millán se escribiron as Glosas Emilianenses, uns dos documentos máis antigos nos que aparecen textos do romance navarro-aragonés segundo algúns estudosos -e do castelán, segundo outros- ademais de conter uns pequenos textos en éuscaro. No mesmo mosteiro asina os seus versos Gonzalo de Berceo, o primeiro poeta castelán de nome coñecido.

Dous son os lugares identificados pola Unesco dentro do Patrimonio mundial:

Código Nome Coordenadas
805-001 Mosteiro de Yuso e xardíns da cociña monástica 42°19′33″N 2°51′54.18″O / 42.32583, -2.8650500 (Mosteiro de San Millán de la Cogolla, Yuso)
805-002 Mosteiro de Suso e Lugares arqueolóxicos 42°19′45.8″N 2°52′21.7″O / 42.329389, -2.872694 (Mosteiro de San Millán de la Cogolla, Suso)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar