Mosteiro de San Millán de Suso

O Mosteiro de San Millán de Suso ou Mosteiro de Suso (do adverbio latino SURSUM, 'enriba') está situado preto da vila de San Millán de la Cogolla, na Rioxa, na marxe esquerda do río Cárdenas e forma parte do conxunto monumental de dous mosteiros, con outro construído posteriormente e que se sitúa máis abaixo, chamado Mosteiro de San Millán de Yuso, os dous declarados Patrimonio da Humanidade en 1997.

Mosteiro de San Millán de Suso

Tipomosteiro e Monumentos do patrimonio histórico de España Editar o valor en Wikidata
Parte deMosteiro de San Millán de la Cogolla e Suso Monastery and Archaeological Sites (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura visigótica Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°19′46″N 2°52′22″O / 42.32939, -2.87269
EstadoEspaña
Comunidade autónomaA Rioxa
Concello da RioxaSan Millán de la Cogolla Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
Data3 de xuño de 1931
IdentificadorRI-51-0000703-00000
Wikidata ]

Historia e características

editar

Iniciada a súa construción a finais do século VI, ten a súa orixe nun cenobio visigodo establecido arredor do sepulcro do eremita Aemilianus (Millán) ou Emiliano, falecido no ano 574. Ao longo dos séculos seguintes e ata o século XII sofre distintas ampliacións como consecuencia do cambio de vida eremítica á cenobítica e posterior monástica, distinguíndose nelas o estilo mozárabe e o románico. A súa importancia non é só artística e relixiosa, senón tamén lingüística e literaria. Aquí un monxe escribiu as Glosas Emilianenses, que eran anotacións aclaratorias nas marxes das páxinas escritas en latín. As devanditas anotacións estaban escritas en romance ou nun precastelán pouco evolucionado respecto do latín. Neste mosteiro aparecen á súa vez as primeiras anotacións escritas en éuscaro, polo que se considerou o berce dos romances hispanos e do éuscaro. Aquí habitou así mesmo o monxe e primeiro poeta de nome coñecido en castelán, Gonzalo de Berceo.

Tamén a tradición atribúe que no portaliello deste mosteiro están os que pasan por ser os sarcófagos dos sete infantes de Lara da lenda.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar