Mosteiro de Geghard

mosteiro armenio Patrimonio da Humanidade pola UNESCO

Coordenadas: 40°08′26″N 44°49′07″L / 40.140468, 44.818594

O mosteiro de Geghard (en armenio: Գեղարդ: que quere dicir "lanza") é un mosteiro medieval na provincia de Kotayk, en Armenia. O mosteiro está parcialmente tallado na montaña adxacente, rodeado de cantís. No ano 2000, foi catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO,[1] gozando dun status de protección especial.[2]

Mosteiro de Geghard
Vista aérea do mosteiro.
Mosteiro de Geghard en Armenia
Mosteiro de Geghard
Mosteiro de Geghard
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Armenia
Localizaciónprovincia de Kotayk
TipoCultural
Criteriosii
Inscrición2000 (XXIV edición)
Rexión da UNESCOEuropa
Identificador960

A capela principal foi construída en 1215, mais o complexo do mosteiro foi fundado no século IV por Gregorio o Iluminador no lugar dun manancial sagrado dentro dunha cova. O mosteiro fora chamado orixinalmente Ayrivank (Այրիվանք), que significa "o Mosteiro da Cova". O nome máis común usado hoxe para o mosteiro, Geghard, ou Geghardavank (Գեղարդավանք), que significa "o Mosteiro da Lanza", procede da lanza que feriu a Xesús na Crucifixión, supostamente traído a Armenia polo Apóstolo Xudas Tadeu, e gardada entre moitas outras reliquias. Agora móstrase no tesouro de Echmiadzin.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Monastery of Geghard and the Upper Azat Valley". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 13 de marzo de 2021. 
  2. "UNESCO grants Monastery of Geghard status of Enhanced protection". armenpress.am (en inglés). Consultado o 2018-12-09. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar