Mosteiro da Serra do Pilar

O Mosteiro da Serra do Pilar atópase no alto da serra do Pilar, na freguesía de Santa Marinha, cidade e concello de Vila Nova de Gaia, distrito do Porto, en Portugal.

Mosteiro da Serra do Pilar
Igrexa do mosteiro.
Datos xerais
PaísPortugal Portugal
TipoMosteiro
AdvocaciónSanto Agostiño
LocalizaciónVila Nova de Gaia
Coordenadas41°08′18″N 8°36′27″O / 41.138333333333, -8.6075Coordenadas: 41°08′18″N 8°36′27″O / 41.138333333333, -8.6075
CatalogaciónMonumento
Arquitectura
Construción1538-1672
Estilomaneirista
Mosteiro da Serra do Pilar en Portugal
Mosteiro da Serra do Pilar
Mosteiro da Serra do Pilar
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

No inicio do século XVI, o Mosteiro de Grijó atopábase en ruínas e, en 1535, Xoán III de Portugal, o reformador do Mosteiro de Santa Cruz de Coímbra e o Prior-Mor, D. Bento de Abrantes, concertaran a transferencia daqueles Agostinianos para a serra de São Nicolau, en Gaia.

O proxecto inicial tivo a dirección de Diogo de Castilho e João de Ruão, comezando as obras en 1538. Estendéronse até 1670, co remate da Igrexa da Nosa Señora do Pilar.

Posteriormente, no contexto da Guerra Civil Portuguesa, cando ocorreu o cerco do Porto (xullo de 1832 - agosto de 1833), as tropas liberais instaláronse nas dependencias do mosteiro, proporcionando apoio ás forzas liberais sitiadas da outro beira do río Douro.

Ó final do conflito, froito dos constantes ataques que sufriu, atopábase en deplorábel estado de ruína, caendo en abandono. En 1834, foi creada a "Real Irmandade de Nossa Senhora do Pilar" e, en 1925, o "Grupo de Amigos do Mosteiro da Serra do Pilar" que gradualmente foron procedendo á recuperación do conxunto, recualificado como espazo museolóxico.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar