Manierismo

movemento artístico entre o final do Alto Renacemento (cara 1520) ata os comezos do barroco
(Redirección desde «Maneirismo»)

O manierismo é un estilo artístico que predominou en Italia dende o final do Alto Renacemento (cara a 1520) ata os comezos do período Barroco, cara ó ano 1590.

Giorgio Vasari

Historia e características editar

O manierismo orixinouse en Florencia e Roma, pero finalmente se estendeu ata España, Europa central e do norte. Tratábase dunha reacción ao clacisismo que cuestionaba a validez do ideal de beleza defendido no Alto Renacemento, inda que na práctica a transformación dos presupostos clasicismos foi violenta, alteráronse as proporcións, descontextualizaron os elementos típicos do clasicismo: a serenidade fíxose tensión, a severidade tolerancia creativa dando lugar a unha expresión máis dramática na cal predominaban os elementos de sorpresa, as formas helicoidais, as figuras alongadas, o efectismo lumínico como manifestación da crise reinante e da arte elegante e refinada que requiría a aristocracia.

O maneirismo preocupábase por solucionar problemas artísticos intricados, como espidos retratados en posturas complicadas. As figuras nas obras manieristas teñen frecuentemente extremidades graciosas pero raramente alongadas, cabezas pequenas e aparencia estilizada, mentres as súas posturas parecen difíciles ou artificiais é dicir alla maniera.

A súa orixe etimolóxica provén da definición que certos escritores do século XVI, como Giorgio Vasari, asignaban a aqueles artistas que pintaban "á maneira de...", é dicir, seguindo a liña de Miguel Anxo, Leonardo ou Rafael, pero mantendo, en principio, unha clara personalidade artística. O significado pexorativo do termo utilizarase máis adiante, cando esa "maniera" foi entendida como unha fría técnica imitativa dos grandes mestres.

As cores non remiten á natureza, senón que son estrañas, frías, artificiais, violentamente enfrontadas entre si, en vez de apoiarse en gamas. O propio Miguel Anxo ou o académico Rafael experimentaron nas súas últimas obras o pracer da transgresión, desdebuxando as súas figuras ou deixando inacabadas as súas obras. Tiziano, Correggio ou Giorgione someten algunhas das súas pinturas a complicados simbolismos que inda non foron descifrados, como intuímos en A Tempestade, deste último.

 
Giorgio Vasari.

A ourivaría foi un dos ámbitos máis beneficiados por esta complexa arte, que afectou tardiamente, pero de forma xenial, ó Greco.

Despois de ser substituído polo barroquismo, foi visto como algo decadente e dexenerativo. No século XX volveuse apreciar novamente pola súa elegancia e bravura especializada. Entre os artistas que practicaron este estilo están Parmigianino,Beccafumi, Benvenuto Cellini, Giulio Romano, Rosso Fiorentino, Bronzino, Tintoretto, Hans von Aachen, El Greco e Federico Zuccaro.

Obras manieristas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Varios (1995). Do Tardogótico ó Manierismo. Galicia e Portugal. A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza - Fundação Calouste Gulbenkian. ISBN 84-87819-84-2. 

Outros artigos editar