Monumento natural Cova de Prometeo

cueva En Xeorxia

Coordenadas: 42°22′36″N 42°36′02″L / 42.376666666667, 42.600555555556

O Monumento natural Cova de Prometeo (xeorxiano: პრომეთეს მღვიმე) ou Cova Tskhaltubo (xeorxiano: ღლიანის მღვიმე) é unha cova cársica situada no Concello de Tskhaltubo na rexión do Imereti, en Xeorxia.

Cova de Prometeo Xeorxia, agosto de 2023
Cova de Prometeo Xeorxia, grupo en ruta polo interior.
Cova de Prometeo Xeorxia, sala no interior

O nome da cova asociado ao Titán Prometeo foi unha idea do Presidente de Xeorxia Mikheil Saakashvili, o cal tras unha visita no 2010 impulsou a cova como punto turístico do país, outorgando fondos públicos para o proxecto, e recordou que o propio Prometeo foi encadeado, segundo a lenda, no cantil da cova Khvamli, xusto lindeira coa Cova Tskhaltubo.

Características

editar

A cova foi descuberta o 15 de xuño de 1984, por espeleólogos do Instituto de Xeografía Vakhushti Bagrationis de Tbilisi. Ten unha superficie estimada de entre 200 e 250 km² e a súa profundidade con respecto á superficie é de 40 metros, a entrada principal da cova asenta a 100 metros sobre a superficie do mar. Conta con 22 salas, 6 delas abertas ao público, onde se repiten formacións como : estalacticas, estalagmitas, coadas, fervenzas petrificadas, formadas por carbonato de calcio, pisolitas, ríos subterráneos e lagos. A cova ten ramificacións aínda por explorar que se estiman dunha maior superficie que o xa descuberto até agora. A superficie total dos corredores nas seis salas e os que os interconectan é de 20 quilómetros, dos cales 1.6 están equipados para os visitantes. Ao final da ruta de 1.6 km os visitantes abandonan a cova nun bote que navega ata o exterior a través do río subterráneo. A temperatura dentro da cova é duns constantes 14 graos centígrados. Os científicos catalogaron morcegos, moluscos de auga doce e crustáceos habitando a cova.[1]

Antes do 1990 máis de 600 covas foron rexistradas no oeste de Xeorxia. Unha das teses que explican a abudancia de covas na rexión é unha gran banda calcaria situada entre o talude do sur e o bloque xeorxiano. [2]

Galería de imaxes

editar