Merlo azul
Merlo azul | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Monticola solitarius Linnaeus, 1758 |
O merlo azul[2][3][4] (Monticola solitarius) é unha especie de ave paseriforme da familia Turdidae que se caracteriza pola súa plumaxe azulada nos machos adultos.
Descrición
editarÉ unha ave duns 22 cm de lonxitude, algo máis grande có merlo rubio. A súa plumaxe é parda con pintas claras na femia, e o macho presenta un rechamante ton azulado, máis escuro nas ás. O peteiro é escuro.
Distribución e hábitat
editarDistribúese polo sur de Europa e o noroeste de África, e dende Asia Central até o norte da China e de Malaisia. Habita en rocuedos, cantís e barrancos de orixe fluvial, podendo ocupar ocasionalmente construcións humanas. Os seus desprazamentos limítanse a cambios altitudinaisno inverno.[5]
Comportamento
editarTen un canto afrautado, que reproduce tanto parado como en voo, máis comunmente na época de celo.[6] A súa posta é de 3 a 5 ovos.[7] Aliméntase dunha gran variedade de insectos, ademais de bagas e outros vexetais.
Ameazas e conservación
editarEsta especie pode verse favorecida por varios factores, como os lumes, as canteiras e minas, que reducen a vexetación e aumentan a superficie de rocha dispoñible para construír os seus niños. Con todo, vese prexudicada por actividades como a presión urbanística sobre as zonas montañosas, a escalada preto dos seus niños, ou a creación de encoros, que alagan gorxas e canóns rochosos.[8]
Notas
editar- ↑ "Monticola solitarius". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2009.
- ↑ Dicionario Digalego merlo Arquivado 17 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ Guía de las Aves de Castilla y León, de Joaquín Sanz Zuasti, Tomás Velasco e Carlos Sánchez, Páx. 273. ISBN 84-933730-2-8
- ↑ Aves de España, de Eduardo de Juana e Juan M. Varela, Páx. 166, ISBN 84-87334-88-1
- ↑ "Naturalicante: Monticola solitarius". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2010. Consultado o 03 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Informe sobre o Monticola solitarius do Ministerio de Medio Ambiente e Agricultura de España" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2018. Consultado o 09 de outubro de 2018.
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Merlo azul |