Coordenadas: 44°10′00″N 5°17′00″L / 44.166666666667, 5.2833333333333

O Mont Ventoux (en francés) ou Ventor en (occitano), é unha montaña de 1,912 metros de altitude situada na Provenza. Como indica o seu nome, o vento pode soprar moi forte no cumio, especialmente o coñecido vento Mistral: as correntes producidas poden superar os 160 km/h. Porén o seu nome orixinario non ten que ver cos ventos. Esta montaña non forma parte nin dos Alpes nin dos Pireneos, senón que está soa, entre os dous sistemas montañosos.

O Mont Ventoux desde Mirabel
Cima do Mont Ventoux.

O monte é moi coñecido porque o 26 de abril de 1336 ascendeu até a súa cima o grande poeta italiano Francesco Petrarca, quen realizou a subida polo puro pracer de experimentar as sensacións que lle poderían deparar a contemplación da paisaxe desde o cume do monte. Foi sen dúbida a primeira vez, polo menos con conciencia, na que un occidental probaba a escalar unha montaña por gozo e non con fins utilitarios.

É tamén coñecido porque o Tour de Francia pasou pola súa cima doce veces dende 1951.

Protección ambiental

editar

Desde 1990, o territorio do Mont Ventoux está clasificado pola UNESCO como unha reserva da biosfera. Delimitáronse seis zonas centrais a fin de protexer as paisaxes, os ecosistemas e as especies que conviven na zona, cunha superficie total de 2.126 hectáreas. A cima do Ventoux (963 hectáreas, por enriba dos 1.000 metros), é unha paraxe calcárea que posúe unha rara flora.