Monte Santa Helena

(Redirección desde «Monte St. Helens»)

Coordenadas: 46°12′01″N 122°11′22″O / 46.200277777778, -122.18944444444

O Monte St. Helens é un estratovolcán activo situado no condado de Skamania, Washington, na rexión do noroeste do Pacífico nos Estados Unidos. Está a 154 km ao sur de Seattle, Washington e a 80 km ao nordeste de Portland, Oregón.

Monte St. Helens o 19 de maio de 1982

Mount St. Helens toma o seu nome do diplomático británico Lord St Helens, un amigo do explorador George Vancouver que fixo un estudo da zona a finais do século XVIII. O volcán está situado na Cordilleira das Cascadas e forma parte do Arco Volcánico das Cascadas, un segmento do Anel de Lume do Pacífico que inclúe máis de 160 volcáns activos. Este volcán é coñecido polas súas explosións de cinzas e os seus fluxos piroclásticos.

O Monte St. Helens é máis notorio pola súa erupción catastrófica o 18 de maio de 1980, ás 8:32 am PDT, o suceso volcánico máis mortífero e máis destrutivo economicamente da historia dos Estados Unidos.[1] Cincuenta e sete persoas morreron; destruíronse 250 casas, 47 pontes, 24 km de ferrocarrís e 298 km de estradas. Unha avalancha masiva de cascallos provocada por un terremoto de 5,1 na escala de Richter, provocou unha erupción, reducindo a elevación da cúpula da montaña de 2950 m a 2549 m e substituíuna por un cráter en forma de ferradura de 1,6 km de ancho.[2] A avalancha de restos ascendeu ata 2.9 km3 en volume. O Monumento Volcánico Nacional de Mount St. Helens foi creado para preservar o volcán e permitir o estudo das súas secuelas cientificamente.

Notas editar

  1. "Mount St. Helens National Volcanic Monument". USDA Forest Service. Arquivado dende o orixinal o 23-11-2006. 
  2. "May 18, 1980 Eruption of Mount St. Helens". USDA Forest Service. Arquivado dende o orixinal o 29-5-2009. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar