Abrir o menú principal

Monte Paektu

estratovolcán na fronteira entre Corea do Norte e a China

Coordenadas: 42°00′20″N 128°03′19″L / 42.00556, -128.05528

Monte Paektu.

O monte Paektu (en coreano: 백두산; Paektu-san) é unha montaña volcánica localizada na fronteira entre Corea do Norte e a China. Con 2744 m, é a montaña máis alta das montañas Changbai, ó norte, e da cordilleira Baekdudaegan, ó sur. Tamén é a montaña máis alta da península de Corea e de Manchuria.

EtimoloxíaEditar

O nome en coreano quere dicir "montaña de testa branca". O nome en chinés, Changbai Shan (en chinés tradicional: 長白山; en chinés simplificado, 长白山) quere dicir "montaña perpetuamente branca" do mesmo xeito que o seu nome en manchú ᡤᠣᠯᠮᡳᠨ
ᡧᠠᠩᡤᡳᠶᠶᠠᠨ
ᠠᠯᡳᠨ
, Golmin Šanggiyan Alin, e nomes variantes.[1] Un lago de cráter, chamado Lago do Ceo, atópase dentro da caldeira volcánica do cumio da montaña.

XeografíaEditar

 
Relevo da rexión do monte Paektu

O monte Paeku é un estratovolcán cuxo cono está truncado por unha ampla caldeira de 5 km de anchura e 850 m de profundidade, parcialmente ocupada polas augas do lago do Ceo. A caldeira creouse arredor do ano 946, durante a chamada "erupción do milenio", cun IEV ou Índice de explosividad volcánica de 7, que expulsou de 100 a 120 km3 de piroclasto e puido afectar o clima da rexión.[2][3] A cinza volcánica desta erupción atopouse no sur da illa de Hokkaido, ó norte do Xapón. O lago ten unha circunferencia de 12 a 14 km, cunha profundidade media de 213 m e unha profundidade máxima de 384 m. Dende mediados de outubro a mediados de xuño, está cuberto normalmente de xeo.

NotasEditar

  1. Exemplos: Paektu-san("Paektu-san: Corea do Norte". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) (coreano 백두산("백두산: Corea do Norte". Consultado o 30 de xullo de 2012. )), Ch’ang Pai,("Ch’ang Pai: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Chang-pai Shan,("Chang-pai Shan: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Chōhaku-san,("Chōhaku-san: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Hakutō,("Hakutō: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Hakutō-san,("Hakutō-san: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Hakutō-zan,("Hakutō-zan: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Paik-to-san,("Paik-to-san: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Pai-t’ou Shan,("Pai-t’ou Shan: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Mount Paitoushar,("Mount Paitoushar: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Paitow Shan,("Paitow Shan: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) Pei-schan("Pei-schan: China". Consultado o 30 de xullo de 2012. ) and Bai Yun Feng.
  2. Pan, Bo; Xu (2013). "Climatic impact of the Millennium eruption of Changbaishan volcano in China: New insights from high-precision radiocarbon wiggle-match dating" 40 (1). Bibcode:2013GeoRL..40...54X. doi:10.1029/2012GL054246. 
  3. "Changbaishan". Smithsonian Institution. Consultado o 10 de agosto de 2013. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar