Coordenadas: 55°01′59″N 8°06′43″O / 55.033, -8.112

O monte Errigal (en irlandés: An Earagail), é unha montaña que se atopa preto de Gaoth Dobhair, no condado de Donegal, en Irlanda. Trátase do pico máis alto das Montañas Derryveagh e tamén de todo o condado. Errigal é tamén o monte máis meridional e elevado da cadea montañosa coñecida popularmente como "Na Seacht Deirfiúracha" ("As Sete Irmás"). As Sete Irmás inclúen os montes Muckish, Crocknalaragagh, Aghla Beg, Ardloughnabrackbaddy, Aghla More, Mackoght e Errigal.

Errigal
O monte Errigal dende Gaoth Dobhair.
O monte Errigal dende Gaoth Dobhair.
Localización xeográfica
CordilleiraMontañas Derryveagh
Localización administrativa
LocalizaciónCondado de Donegal, Irlanda Irlanda
Características xerais
Altitude751 m

Errigal é famoso pola cor e brillos rosados que adquire a súa cuarcita durante o solpor. Tamén foi elixido como a Montaña máis Icónica de Irlanda en 2009.[1]

Ascensións

editar

Normalmente comézanse a partir do aparcadoiro da estrada R251. Non se precisa equipamento específico para a subida, pero recoméndanse facela con precaución.

editar

Galería de imaxes

editar
 
Vista panorámica dende o cume.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar