Monofisismo
O monofisismo é unha doutrina cristiá que xorde no século VI e que defende a existencia dunha soa natureza en Cristo. Dentro do monofisismo existen diversas posturas explicativas desta unicidade natural, algunhas fusionistas como o monofisismo real ou eutiquianismo e outras que sen negar a humanidade e a divindade de Cristo consideran que existe unha soa natureza ou ser único: monofisismo verbal.
Monofisismo real
editarNo monofisismo real deféndese que na encarnación de Cristo a natureza humana foi absorbida pola divina, de modo que en Cristo só se pode falar dunha natureza divina e unha aparencia humana. Esta doutrina foi condenada no Concilio de Calcedonia (451) onde se formulou definitivamente a que sería a doutrina oficial da igrexa: Que en Cristo existen dúas naturezas, humana e divina, que permanecen inconfusas, indivisas, inmutables e inseparables, reunidas nunha soa persoa ou hipóstase.
Monofisismo verbal
editarComo reacción a postura do Concilio de Calcedonia e a pesar de que se abandonou a posición realista algúns teólogos e igrexas seguiron mantendo posicións monofisitas máis moderadas. Aceptouse a existencia de humanidade e divindade en Cristo pero rexeitouse a idea da hipóstase ou persoa entendendo no seu lugar unha soa natureza. Esta posición vense considerando hoxe en día por algunhas igrexas como a católica como non herética na realidade, se non como herética na súa formulación verbal, de aí que se coñeza a postura como monofisismo verbal.
Dentro do monofisismo verbal, hoxe en día hai tres igrexas que se definen como monofisitas, a Igrexa apostólica armenia, a Igrexa ortodoxa siríaca e a Igrexa ortodoxa copta incluíndo nesta a Igrexa etíope tewahedo.