Mohsen Fakhrizadeh
Mohsen Fakhrizadeh-Mahabadi (en persa محسن فخریزاده) nado en Qom en 1958 e finado en Absard o 27 de novembro de 2020, foi un oficial iraniano da Garda Revolucionaria e profesor de física na Universidade Imam Hussein de Teherán. Segundo o Consello de Seguridade da ONU, Fakhrizadeh era un científico de alto rango adscrito ao Ministerio de Defensa e Loxística das Forzas Armadas e ex director do Centro de Investigación Física (PHRC). Foi asasinado o 27 de novembro de 2020.[1]
Nome orixinal | (fa) مُحسن فخریزاده |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de marzo de 1961 Qom, Irán |
Morte | 27 de novembro de 2020 (59 anos) Absard, Irán (en) |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Imamzadeh Saleh (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irán (1979–2020) Irã Pahlavi (pt) (1957–1979) |
Relixión | Xiísmo |
Educación | Shahid Beheshti University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Programa nuclear iraniano (pt) |
Ocupación | científico nuclear , militar |
Empregador | Imam Hossein University (en) |
Lingua | Lingua persa |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército dos Guardiães da Revolução Islâmica (pt) |
Rango militar | xeneral de brigada |
Cronoloxía | |
27 de novembro de 2020 | killing of Mohsen Fakhrizadeh (en) |
Premios
|
Biografía
editarNaceu en Qom, asistiu á Universidade Shahid Beheshti e recibiu un doutoramento pola Universidade de Isfahán. Foi profesor na Universidade Iman Hussein, e líder do programa nuclear de Irán.
Traxectoria
editarFakhrizadeh fora obxecto de investigación por parte de Estados Unidos, acusado de ser o responsable último do programa nuclear iraniano. Por ese motivo foi incluído na lista do Consello de Seguridade das Nacións Unidas pola que se conxelaban os seus activos e era preceptiva a notificación das súas viaxes. O Consello esixiu que o Axencia Internacional da Enerxía Atómica (AIEA) elaborase un informe e entrevistase a Fakhrizadeh, pero Irán negouse a polo á súa disposición.[2]
Respecto ao traballo de Fakhrizadeh, Irán filtrou algunha información sobre a que a AIEA dixera que "non era incompatible coas súas propias conclusións", aínda que o organismo internacional continuou tentando corroborar as súas sospeitas.[3]
Asasinato
editarO 27 de novembro de 2020, Fakhrizadeh foi ferido de gravidade preto da cidade de Absard, unha localidade próxima a Teherán.[1] Houbo noticias dunha explosión.[4] Foi trasladado a un hospital onde morreu debido ás súas feridas. Catro homes armados estiveron involucrados no ataque, tres dos cales foron matados polos gardacostas de Fakhrizadeh.[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Assassinat a trets Mohsen Fakhrizade, pare del programa nuclear iranià" (en catalán). Consultado o 2020-11-27.
- ↑ "United Nations Sanctions Committee: Individuals and Entities Designated as Subject to the Travel Notification Requirements and Assets Freeze Imposed by Resolutions 1737 (2006) and 1747 (2007)". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2015. Consultado o 08 de decembro de 2020.
- ↑ International Atomic Energy Agency: Implementation of the NPT Safeguards Agreement and relevant provisions of Security Council resolutions 1737 (2006) and 1747 (2007) in the Islamic Republic of Iran
- ↑ "Iran scientist linked to military nuclear program killed". 2020-11-27. Consultado o 2020-11-27.
- ↑ "Iran's top nuclear scientist Mohsen Fakhrizadeh assassinated near Tehran" (en inglés). 2020-11-27.