Abrir o menú principal

Modesto Brocos

pintor brasileiro
(Redirixido desde "Modesto Brocos Gómez")

Modesto Brocos Gómez, nado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1852 e finado no Río de Xaneiro o 28 de novembro de 1936, foi un pintor galego-brasileiro.

Modesto Brocos Gómez
Museo Pontevedra, 6 Edificio, 02-48 Modesto Brocos Gómez.jpg
Autorretrato.
Nacemento9 de febreiro de 1852
 Santiago de Compostela
Falecemento28 de novembro de 1936
 Río de Xaneiro
NacionalidadeEspaña
Museo Pontevedra, 6 Edificio, 02-51 Sinatura de Modesto Brocos.jpg
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Era irmán do escultor Isidoro Brocos y Gómez, profesor da Academia de Belas Artes da Coruña. Terminados os estudos, aos dezaoito anos, pretendeu gañarse a vida na Arxentina, mais dous anos despois estaba en Brasil ilustrando o semanario O Mequetrefe, de Río de Xaneiro. Introduciu no país a técnica do xilogravado aplicándoa nas súas ilustracións.

En 1875, inscribiuse como alumno libre na Academia Imperial de Belas Artes, onde recibiu clases de Vítor Meireles e Zeferino da Costa.

 
Engenho de mandioca (Muíño de mandioca), 1892.

De xenio inquedo, antes de dous anos mudouse a París, onde ingresou na Escola de Belas Artes, tendo como mestre ó alemán Henri Lehmann. Incontento, marchou a Madrid, regresando ó pouco a París e despois marchando a Roma, onde encontrou ó seu protector, o artista español Pradilla. Frecuentou durante cinco anos a Academia Chigi ata 1890. Nesa época xa era un artista maduro, autor de excelentes obras e frecuentador do Salon parisino. Na condición de pintor con formación completada, retorna a Río de Xaneiro por invitación de Rodolfo Bernardelli, daquela director da Escola Nacional de Belas Artes, sucesora da vella Academia Imperial.

Profesor da Escola Nacional de Belas Artes durante a Primeira República Brasileira, fixou con realismo os tipos e as escenas brasileiras. Practicou diversos xéneros de pintura e foi autor de libros como A questão do ensino de Bellas Artes (1915) e Retórica dos pintores (1933).

Galería de imaxesEditar

Olevano, 1899. Pinacoteca do Estado de São Paulo
Camponesa. Pinacoteca do Estado de São Paulo. 
Gravado do emperador Pedro II do Brasil 
Retrato de Rosalía

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar