Mitoloxía catalá

Mitoloxía catalá é o conxunto de lendas propias de Cataluña ou os Países Cataláns. Trátase dun conxunto de historias de transmisión oral centradas en personaxes singulares ou en explicar a existencia de construcións e particularidades locais. Poden ser a transformación de mitos europeos semellantes ou ben tradicións propias. Como representación cultural transcende os límites fronteirizos actuais, sendo unha manifestación máis da cultura catalá.

Dragón de Vilafranca del Penedès (s.XV)

Ó ser de transmisión oral, pódese dicir que hai semellanzas coas culturas lindeiras. Porén, nos Países Cataláns preséntanse unha serie de características propias como as diferentes personaxes froito da diferenciación cultural.

Orixes editar

A orixe da mitoloxía posiblemente recolle parte das crenzas prerromanas integradas posteriormente no paganismo romamp; é o caso das faies. Os lares terían derivado cara ás figuras dos gnomos e follets, as ninfas derivarían en moitas figuras ligadas á auga como as aloges, ou ben as dríades derivarían en espíritos do bosque como as fadas.

 
A queima de obxectos durante o solsticio de verán é un ritual habitual dende tempos prehistóricos no Pireneo catalán.

A cristianización do Imperio Romano e especialmente o edicto de Milán de 313 condenarían estas manifestacións á clandestinidade cultural. Porén, a penetración foi máis profunda nas zonas rurais e non tan intensa por mor do arraigo que tivo o arianismo no reino visigodo peninsular. O xurdimento do islam islam e a conquista da Península Ibérica importou algunhas crenzas e lendas propias dos pobos semíticos e en estiveron fortemente ligadas cos feitos da ocupación sarracena e a resposta militar do Reino franco (p.ex. O Cantar de Roldán). Malia todo, o paganismo persistiu con forza nas áreas rurais. Os rituais máxicos, as rondallas e lendas foron unha forma de entendee e transmitir coñecementos sobre as herbas medicinais, a historia e a moral entre as clases sen instrución.

A Igrexa Católica xerou a súa propia mitoloxía arredor das figuras de determinados santos: San Narciso e a lenda das moscas durante o asedio de Xirona de 1285, San Xurxo e o dragón,[1] o suposto martirio de Baia de Barcelona e mesmo a vida como santo de Vicente Ferrer. Tamén foi a época das epidemias de peste negra e, como consecuencia, desenvolvéronse as danzas da morte ou danzas macabras que foron representadas en diversas localidades catalás durante séculos.

Ben entrado o século XIX, coa Renaixença e o modernismo, buscaranse os referentes mitolóxicos cataláns e moitos autores interesaríanse en buscar e documentar estes costumes e rituais propios, destacando entre todos a figura de Joan Amades na súa obram case enciclopédica, que recolle moitas lendas, costumes, cancións e rondalles. O esplendor medieval converteuse nun referente histórico e cultural e por este motivo recolleríanse especialmente os relatos desta época.

Notas editar

  1. "El Llibre dels Feits (S.XIII) relata este feito durante o asalto final a Palma:E segons que els sarraïns nos contaren, deïen que viren entrar primer a cavall un cavaller blanc ab armes blanques, e açò deu esser nostra creença que fos sent Jordi, car en hestòries trobam que en altres batalles l'han vist, de cristians e de sarraïns, moltes vegades".

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar