Mini-Satellite Italiano a Tecnologia Avanzata
MITA, acrónimo de Mini-Satellite Italiano a Tecnologia Avanzata, e tamén coñecido como MITA-O, foi un satélite artificial da Axencia Espacial Italiana usado para facer diversos experimentos no espazo. Foi lanzado o 15 de xullo de 2000 desde o cosmódromo de Plesetsk mediante un foguete Kosmos 3M.[1][3]
Mini-Satellite Italiano a Tecnologia Avanzata / MITA | |
---|---|
Tipo | Demostrador tecnolóxico. |
Organización | Axencia Espacial Italiana (ASI)[1] |
Data de lanzamento | 15 de xullo de 2000, 12:00 GMT[2][3][4] |
Foguete portador | Kosmos 3M[1][3] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[3][5] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico.[3][5] |
Decaemento | 15 de agosto de 2001[2] |
NSSDC ID | 2000-039A |
Masa | 170 kg[1][3][5] |
Características
editarMITA foi un satélite italiano adicado á experimentación no espazo que foi lanzado mediante un foguete Kosmos 3M xunto cos satélites CHAMP e Bird-Rubin. Foi inxectado nunha órbita circular inicial de 450 km de altura, cunha inclinación orbital de 87 graos e un período orbital de 93,6 minutos. O seu obxectivo principal foi realizar diversos experimentos de demostración de novas tecnoloxías.[1][3][4]
O satélite tiña forma cúbica e estaba estabilizado nos tres eixos e pesaba 170 kg, propelente incluído. Levaba a bordo o instrumento científico NINA 2 para estudar os raios cósmicos, e o experimento tecnolóxico MTS-AOMS, consistente nun sensor multitarefa que inclúe un sensor solar e de horizonte, un sensor de velocidade angular e un sensor de campo magnético.[1][2][3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "MITA" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MITA-O (NINA)" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (26 de agosto de 2014). "MITA (NINA)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 23 de febreiro de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 "Note verbale dated 14 June 2001 from the Permanent Mission of Italy to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-85208). 27 de xuño de 2001: 2. Consultado o 3 de abril de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "MITA" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2015.