Millennium Centar
(Redirección desde «Millennium Hall»)
O Millennium Centar (ou Millennium Hall) é un pavillón deportivo é un centro de negocios situado na cidade de Vršac, Serbia, na provincia de Voivodina. O Millennium Center acolleu algúns encontros do Eurobasket 2005 durante o mes de setembro. A súa capacidade é de 5.000 espectadores[1] e o equipo local de baloncesto, o KK Vršac, xoga nel os seus encontros.
Millennium Centar | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
Localización | Vršac |
Construción | |
Inauguración | 5 de abril de 2001 |
Estadio | |
Capacidade | 5.000 espectadores[1] |
Localía | KK Vršac |
Eventos | |
|
DeportesEditar
O club máis famoso que utiliza o pavillón habitualmente é o KK Hemofarm, o club de baloncesto local. Ademais o Millennium Center acolleu a fase preliminar do grupo A do Eurobasket de 2005, formado polas seleccións nacionais de Rusia, Alemaña, Italia e Ucraína.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Millennium.rs - SPORTS HALL". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2010. Consultado o 21 de xuño de 2010.