Military Defense Alarm System

Military Defense Alarm System ou Missile Defense Alarm System, coñecido abreviadamente como MIDAS, foi unha familia de satélites de alerta temperá dos Estados Unidos.[1]

Un satélite MIDAS da serie 3.

Características editar

O proxecto MIDAS comezou a principios dos anos 1960 como un proxecto secreto para poñer en órbita satélites capaces de detectar lanzamentos de mísiles inimigos e dar unha resposta adecuada. O proxecto rematou no verán de 1966, con doce satélites lanzados pero con só oito chegando a estar operativos. A tecnoloxía e capacidade de procesamento da época, de todos xeitos, revelouse como insuficiente para a tarefa asignada aos satélites, que tiveron problemas para detectar lanzamentos reais. Lanzáronse tres series operativas máis unha adicada a investigación.[1]

MIDAS serie 1 editar

A serie 1 estivo formada polos satélites de demostración MIDAS 1 e 2, co primeiro non chegando a órbita por problemas do seu foguete lanzador. A carga do útil dos satélites consistía nun telescopio axustable e 27 detectores de sulfuro de plomo. A etapa superior dos foguetes Atlas-LV3 Agena-A con que serían lanzados funcionaría como bus para os satélites, proporcionando enerxía e control de actitude. Ambos satélites tiñan unha masa duns 2300 kg. MIDAS 1 foi lanzado o 26 de febreiro de 1960 e MIDAS 2 o 24 de maio dese ano. MIDAS 1 non chegou a órbita e MIDAS 2, nunha órbita de 484 x 511 km e 33º de inclinación, tivo problemas de control de actitud, fallando as comunicacións despois de doce órbitas á Terra.[2][1]

MIDAS serie 2 editar

A serie 2 estivo formada por tres satélites mellorados, con novos detectores infravermellos capaces de detectar lanzamentos de mísiles a distancia de ata 4200 millas náuticas. Os detectores rotaban nunha plataforma a 6 r.p.m. e cubrían unha superfie de millóns de km2 de superficie cada poucos segundos. De maneira similar á serie 1, na serie 2 a etapa superior do foguete Atlas-LV3 Agena-B utilizado coa serie 3 cumplía as funcións de bus do satélite. O ssatélites eran inxectados en órbitas duns 3000 km de altura e da súa parte posterior saían dous paneis solares para proporcionar alimentación eléctrica. MIDAS 3 deixou de funcionar despois de cinco órbitas, mentres que MIDAS 4 o fixo despois de 56. MIDAS 5 fallou na sexta órbita debido a un fallo eléctrico masivo a bordo.[3][1]

MIDAS serie 3 editar

A serie 3 estivo formada por catro satélites con sensores mellorados situados nunha plataforma rotando a 6 r.p.m. Foron lanzados mediante Atlas-LV3 Agena-B, como a serie anterior, con MIDAS 6 e MIDAS 8 non chegando a órbita por problemas dos foguetes. MIDAS 7, nunha órbita de 3600 km de altura, foi o primeiro satélite MIDAS en demostrar as súas capacidades, excedendo as expectativas e funcionando durante seis semanas. MIDAS 9 funcionou durante 96 órbitas, demostrando tamén o correcto funcionamento dos sensores.[4][1]

MIDAS serie de investigación editar

Lanzáronse tres satélites MIDAS da serie de investigación, tamén denominados como RTS-1, como extensión final do proxecto MIDAS. Os detectores usados nestes satélites estaban deseñados especificamente para poder detectar lanzamentos desde submarinos e de mísiles de alcance medio e ser capaces de determinar a localización do lanzamento cunha precisión de entre 14 e 18 km. Dos tres RTS-1 lanzados so dous chegaron a órbita, cumplindo coas súas misións. Planificouse a continuación do programa coa serie RTS-2, que evolucionou ata converse nos satélites do Defense Support Program.[5][1]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2][3][4][5] Data de lanzamento[1][2][3][4][5] Foguete lanzador[1][2][3][4][5] Notas[1][2][3][4][5]
MIDAS 1 26 de febreiro de 1960 Atlas-LV3 Agena-A Fallo
MIDAS 2 24 de maio de 1960 Atlas-LV3 Agena-A Éxito
MIDAS 3 12 de xullo de 1961 Atlas-LV3 Agena-B Éxito
MIDAS 4 21 de outubro de 1961 Atlas-LV3 Agena-B Éxito
MIDAS 5 9 de abril de 1962 Atlas-LV3 Agena-B Éxito
MIDAS 6 17 de decembro de 1962 Atlas-LV3 Agena-B Fallo
MIDAS 7 9 de maio de 1963 Atlas-LV3 Agena-B Éxito
MIDAS 8 12 de xuño de 1963 Atlas-LV3 Agena-B Fallo
MIDAS 9 19 de xullo de 1963 Atlas-LV3 Agena-B Éxito
RTS-1 1 9 de xuño de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Fallo
RTS-1 2 19 de agosto de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
RTS-1 3 5 de outubro de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Mark Wade (2020). "Midas" (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "MIDAS 1, 2 (MIDAS Series 1)" (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "MIDAS 3, 4, 5 (MIDAS Series 2)" (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "MIDAS 6, 7, 8, 9" (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "RTS-1 1, 2, 3 (MIDAS-RTS-1 1, 2, 3 / AFP-461)" (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar