Miguelanxo Lar
cineasta e escritor galego
Miguelanxo Lar, nado en Seoane do Courel (Folgoso do Courel) o 22 de decembro de 1981, é un cineasta e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1981 (42 anos) Seoane do Courel, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cineasta , escritor |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
editarIniciou a carreira de Dereito, que abandonou para estudar cine en Barcelona. Colaborou no filme Sicixia de Ignacio Vilar, e realizou un documental sobre a fala galegoportuguesa do val estremeño de Xálima. Traballa na casa museo de Uxío Novoneyra, xestionada pola fundación Uxío Novoneyra. En 2018 autoeditou a súa primeira novela, Latineuropa.[1] En 2020 apareceu a súa segunda novela, Mare Vostrum.[2]
Obras
editar- Latineuropa, 2018.
- Mare Vostrum, 2020.