Miguel Sangenís
Miguel Sangenís Sabater, coñecido como Miguel Santelices, nado en Barcelona en 1902, foi un sindicalista catalán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1902 Barcelona |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , mineiro |
Membro de | |
Traxectoria
editarFoi indultado en xuño de 1927.[1] Axente de publicidade. En 1935 colaboraba en Solidaridad Obrera e asinou artigos en Avance Marino en marzo e abril de 1936. Chegou a Santiago de Compostela en xuño de 1936, suxeito a presentación periódica por orde da Delegación de Orde Pública, e creou unha escola privada na Avenida de Vilagarcía.[2]
Foi capataz das minas de San Fins de 1940 a 1947 levando a Federación Local de Noia, e aproveitando o seu posto escondeu nos montes próximos moitos perseguidos. Axudou a Félix Álvarez Arganzúa cando fuxiu do cuartel da Garda Civil da Coruña atopándolle un refuxio en Noia, e en 1946 tivo agochado a José Luís Quintas Figueroa até que en xaneiro de 1947 o levou a Compostela xunto a Manuel Fandiño Ricart. Foi enlace co Comité Nacional da CNT, fixo viaxes a Francia e presidiu varios plenos clandestinos. En 1947 estivo na Coruña con José López para tentar reartellar a Federación Local. Xa fuxido, en maio de 1947 intentou reorganizar a CNT de Santiago de Compostela con Manuel Torres Picón. En xullo dese ano marchou a Madrid, colaborando co Comité Nacional para reactivar un comité rexional en Galicia. Foi reclamado polo Xulgado Militar de Vigo en xullo de 1947.[3] Logo marchou a Francia.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. ISBN 84-87783-79-1.