Manuel Torres Picón

carpinteiro e sindicalista galego

Manuel Torres Picón, nado en Santiago de Compostela en 1902, foi un carpinteiro e sindicalista galego.

Infotaula de personaManuel Torres Picón
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor em Wikidata (121/122 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro , sindicalista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Felipe Torres e Marcedes Picón. Carpinteiro. Afiliado á CNT dende 1928, foi tesoureiro do seu sindicato por dous meses. Representou ao Sindicato de Zoqueros de Santiago no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Foi elixido tesoureiro do Partido Sindicalista de Compostela en maio de 1935. Foi elixido vicesecretario da Unión Protectora de Artesanos de Compostela en setembro de 1939.[1] Militante da CNT clandestina de Compostela, recibía propaganda dende Madrid e participou na organización dos comités de Vigo e Vilagarcía. En maio de 1947 intentou reorganizar a CNT de Compostela con Miguel Sangenís. Detido, foi procesado na causa 156/47. Xulgado en consello de guerra celebrado en Vigo o 1 de xuño de 1948, foi condenado a 3 anos de prisión.

Vida persoal editar

Casou con Victoria García Meijide en 1932,[2] e foi pai de Manuel (finado en 1943), Mercedes, Felipe, Antonio e Dolores Torres García.[3]

Notas editar

  1. El Compostelano, 22-9-1939, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 22-10-1932, p. 9.
  3. El Correo Gallego, 15-1-1943, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar