Miguel Pérez Sanjurjo

Miguel Pérez Sanjurjo, nado en Sada en 1898 e finado na mesma vila o 13 de decembro de 1968, foi un industrial e político galego.

Infotaula de personaMiguel Pérez Sanjurjo
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata
Sada, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de decembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Sada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dono dunha panadería na rúa El Pedregal de Sada.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi fundador e organizador de Falange en Sada xunto con Guillermo del Valle Ordieres. Foi concelleiro en Sada. Foi nomeado alcalde de Sada en 1946. Cesou como alcalde de Sada en 1949. Finou en Sada o 13 de decembro de 1968.[2]

Predecesor:
José María Fajardo de Andrade Prieto
  
Alcalde de Sada
 
1946 - 1949
Sucesor:
Guillermo del Valle Ordieres

Vida persoal editar

Casou con Manuela Verdía Bouza e foi pai de Miguel, Alfonso, Ramiro, Salvador, María Celia, Santiago e Manuela Pérez Verdía.

Notas editar

  1. Las dos Panaderías Sanjurjo
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 14-12-1968, p. 20.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar