Miguel Anxo Fernández

Miguel Anxo Fernández Fernández, nado no Carballiño o 20 de setembro de 1955, é un escritor, ensaísta e investigador cinematográfico galego.

Miguel Anxo Fernández
Miguel Anxo Fernández.jpg
Miguel Anxo Fernández no 2014.
Nacemento 20 de setembro de 1955 (62 anos)
Lugar O Carballiño, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Ocupación profesor e escritor
Xéneros Narrativa e ensaio
Coñecido/a por O sabre do francés, Un nicho para Marilyn, Blues para Moraima, Luar no inferno, Tres disparos e dous friames e Lume de cobiza
Estudos Historia da Arte e da Música, comunicación e xornalismo
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Miguel Anxo Fernández é doutor en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo[1], licenciado en Xeografía e Historia, na rama Historia da Arte, Xeografía e Historia de Galicia. Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte e da Música, Comunicación e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, e diplomado en Ensino Xeral Básico. Actualmente é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra[2], da Universidade de Vigo.

Ademais de dedicarse á docencia é autor de numerosas obras de historia do cine galego e de obras de ficción, así como ensaios e colaboracións en numerosas publicacións, exercendo de crítico de cine e televisión diariamente en La Voz de Galicia. Colaborador do espazo Diario cultural da Radio Galega.

É membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega[3], e director do curso de extensión universitaria CeMAC (Curso de Medios Audiovisuais de Celanova), que anualmente promoven a Fundación Carlos Casares e a Universidade de Vigo desde 2005[4].

Membro do equipo coordinador da máster class AUGAL (Audiovisual Galego) en Ciencias Sociais e da Comunicación desde 2010[5]. Pertence á Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión[6], á Academia Audiovisual Galega, a Asociación de Escritores en Lingua Galega[7], ó Padroado do Museo do Pobo Galego[8] e ó PEN Clube de Galicia[9].

Historial profesionalEditar

Obras en galegoEditar

Ensaio e HistoriaEditar

  • 15 anos do Cineclube Carballiño. Entregas de Comunicación Cultural. Nº 7. Consellería de Educazón e Cultura/Xociviga. Santiago, 1984.
  • O Carballiño. Vellas Historias, Vellas Fotografías. 1870-1970. Xociviga. O Carballiño, 1992.
  • O Carballiño. Crónica de cine. 1900-1994. Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI. A Coruña, 1994.
  • Carlos Velo. Cine e exilio. A Nosa Terra. Vigo, 1996.
  • Carlos Velo, mestre do documental. Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI. A Coruña, 2001.
  • As imaxes de Carlos Velo. A Nosa Terra/Concello de Pontevedra. Vigo, 2002.
  • A Bela Otero, pioneira do cine. CGAI/Galaxia. Vigo, 2003.
  • Emilio Baños Santos, unha vida entre películas. Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI. A Coruña, 2004.
  • Rodado en Galicia. Consorcio Audiovisual de Galicia. Santiago, 2005. (Reed. 2008).
  • Os amigos de Chano Piñeiro (Coord.). II Premios Chano Piñeiro. Xunta de Galicia. Santiago, 2007.
  • 25 anos de Mamasunción (Coord.). III Premios Chano Piñeiro. Xunta de Galicia. Santiago, 2008.
  • Sempre Xonxa. Un guión de Chano Piñeiro (Coord.). IV Premios Chano Piñeiro. Xunta de Galicia. Santiago, 2009.
  • Carlos Velo. Fotobiografía. Centenario 1909-2009. Xunta de Galicia. Santiago, 2010.

FicciónEditar

Saga de Frank SouteloEditar

Obras colectivasEditar

  • Diccionario do Cine en Galicia. 1896-2008 (Cood. con José Luis Cabo). Xunta de Galicia, Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI, 2008.
  • O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. CIEF. Fundación Caixa Galicia. Santiago, 2010.
  • O Carballiño 1869-1979: álbum fotográfico da vila do Arenteiro, 2010, Deputación de Ourense.
  • Cinegalicia25, Xunta de Galicia/Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria/Fundación Cidade da Cultura de Galicia, 2014.
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, Concello de Pontevedra/Galaxia, 2015.

Obras en castelánEditar

EnsaioEditar

  • Las imágenes de Carlos Velo. Universidad Nacional Autónoma de México, UNAM. México, 2007.

Obras colectivasEditar

  • Imagen, memoria y fascinación: notas sobre el documental en España, Ocho y medio, Madrid, 2001.
  • Las huellas del exilio. Expresiones culturales de la España peregrina, Tebar, Madrid, 2008.

Premios e galardónsEditar

  • Finalista no Premio Galicia de Xornalismo de 1985 na modalidade de Cultura.
  • Primeiro Premio ex-aequo no Certame "Historia da Galicia Cinematográfica" de 1993, promovido pola Federación de Cineclubes de Galicia pola investigación Crónica de Cine. O Carballiño. 1900-1990". 1993.
  • Premio "Sempre en Galiza" de ensaio polo libro As imaxes de Carlos Velo promovido polo Concello de Pontevedra. 2001[19]
  • Premio Honorífico "Fernando Rey" na V Edición dos Premios AGAPI 2001 promovido pola Asociación Galega de Produtoras Independentes. 2001.
  • Premio "Chano Piñeiro" de Historia da Galicia Cinematográfica polo libro A Bella Otero, pioneira do cine promovido pola Federación de Cineclubes de Galicia. 2002[20].
  • Premio Manuel García Barros en 2002 pola novela Un nicho para Marilyn promovido polo Concello da Estrada/Consellería de Educación e Ordenación Universitaria[21].
  • Insignia de Ouro das Xornadas de Cine e Video en Galicia, Xociviga. 2008 [22].
  • Premio Ramón Cabanillas de Tradución. Cambados, 2010.
  • XIII Premio González Sinde ao programa Audiovisual nas Aulas, da Academia de las Ciencias y de las Artes Cinematográficas de España. 2011[23].
  • Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual da Xunta de Galicia no 2012.
  • Premio Blanco Amor no 2016 por Blues para Moraima[24].

NotasEditar

Véxase taménEditar